Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Nouveau roman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Nouveau Roman (en galego, novela nova) é un movemento literario que ocupa as décadas dos 50, 60 e 70 na literatura francesa.

Os autores que se insiren neste grupo caracterízanse por publicar, fundamentalmente, na editorial Les Éditions de Minuit. O termo foi creado, cun sentido negativo, polo crítico Émile Henriot nun artigo do xornal Le Monde do 22 de maio de 1957, para criticar a novela La Jalousie (Os Celos), de Alain Robbe-Grillet. A etiqueta que designa esta nova forma de narrar foi acuñada, logo, por Alain Robbe-Grillet, en 1963, no seu manifesto Pour un Nouveau Roman (Por unha nova novela). O termo será explotado á vez por revistas literarias desexosas de crear actualidade así como por Alain Robbe-Grillet que desexaba promover os autores que reunía en torno a el, ás Éditions de Minuit, onde era aconsellador editorial. Precede de pouco a Nouvelle vague ( Nova Onda) que nace en outubro do mesmo ano.

O movemento literario do nouveau roman está formado por unha serie variable de escritores (segundo o crítico que faga a recensión). En calquera caso, adóitase incluír sempre a Alain Robbe-Grillet, a quen se considera fundador e primeiro teórico do movemento, como autor do manifesto ; Michel Butor, coa súa máis coñecida novela, La Modification (A Modiicación); Nathalie Sarraute e o Premio Nobel de Literatura en 1985, Claude Simon.

Características

[editar | editar a fonte]

Grillet, no seu ensaio, rexeita a idea da intriga, do retrato psicolóxico e mesmo da necesidade de personaxes, pois considera estes recursos como desfasados e decimonónicos. O Nouveau Roman négase á reprodución da estrutura da novela tradicional –introdución, nó e desenlace- establecida desde o século XVIII e tan desenvolvida polos novelistas máis canonizados da literatura francesa moderna : Honoré de Balzac e Émile Zola. Agora, os novos autores poñen en cuestión os piares sobre os que se asenta o xénero narrativo :

  • A ideoloxía que subxace detrás desa secuenciación temporal.
  • A posición do narrador omnisciente ou heterodiexético que presupón unha verdade absoluta sobre os feitos.
  • A descrición psicolóxica dos personaxes ou a localización precisa e realista dos espazos narrativos.

Os autores distinguirán as súas novelas a partir de trazos coma os seguintes:

  • Narración obxectalista que describe con minuciosidade o contorno físico chegando mesmo a descontextualizalo, illándoo e converténdoo nunha realidade case absurda. Nesta técnica pode observarse a influencia de Franz Kafka.
  • Personaxes que se desenvolven empregando o monólogo interior, unha práctica xa iniciada por autores de comezos do século XX coma Virginia Woolf ou James Joyce, pois consideran este recurso máis honesto, xa que non impón ningunha verdade expresada en 3ª persoa, senón que desenvolve un pensamento que non deixa de ser unha posibilidade, un punto de vista parcial.
  • En consecuencia, multiplícanse as perspectivas e as voces narradoras.
  • A temática das novelas é debedora das propostas existencialistas interiores –Jean-Paul Sartre ou Albert Camus- e céntrase en problematizar o illamento do individuo na sociedade, así coma en trasladar sentimentos de angustia ou sensacións de irrealidade.

Autores de novas novelas

[editar | editar a fonte]

Outros autores dos que só algunhas novelas forman parte do Nouveau Roman ou aos que só algúns críticos inclúen no movemento:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]