Odilón de Baviera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | 18 de xaneiro de 748 valor descoñecido |
Duque de Baviera | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Dinastía Axilolfinga |
Cónxuxe | Hiltruda |
Fillos | Tassilon III de Bavière |
Pai | Gotfrid |
Irmáns | Teodebaldo I Lantfrid Huoching |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Odilón, tamén coñecido como Odilo, Oatilo ou Uatilo, nado en data e lugar descoñecidos, e finado o 18 de xaneiro de 748 foi duque de Baviera, desde o ano 736 até a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Descoñécese o parentesco preciso de Odilón, pero sábese que era descendente dos axilolfingos e que era o tío de Suanaquilda,[1] a segunda esposa de Carlos Martel, mordomo de palacio dos tres reinos de Austrasia, Neustria e Borgoña que, durante catro anos, do 737 ao 741, foi raíña dos francos, aínda que non tiña o título.
Segundo algúns, era fillo de Gotfrido (? -709) da familia dos axilolfingos. De ser así, os seus irmáns eran Lantfrido, duque de Alamanis xunto co seu outro irmán Teudebaldo, e de Huochingo e Regardo, que casou con Ildeprando, duque de Espoleto.
No 739 sucedeu a Huberto I de Baviera, como duque de Baviera.[2] No mesmo ano Odilón invitou ao futuro arcebispo de Maguncia, Bonifacio, a ir ao ducado, onde permaneceu durante moitos días para difundir o Evanxeo entre os seus súbditos. Odilón presidiu con Bonifacio a división de Baviera en 4 dioceses, nomeando os bispos de Ratisbona, Freising (Frisinga), Passau e Salzburgo, seguidos despois, no 741, por un quinto, o de Würzburg.[3]
Despois da morte do seu marido, Carlos Martel, que tivo lugar en 741, segundo o anónimo continuador do cronista Fredegario, en 742, a súa sobriña, Suanaquilda, aconsellou á súa fillastra, Hiltruda, filla do seu falecido marido, que cruzase o Rin escoltada por algúns dos seus amigos e contra o consello dos seus irmáns, Carlomán e Pipino, para coñecer ao duque de Baviera, Odilón, que a obrigou a casar con el contra a súa vontade.[4](Segundo os monxes do Ex Chronico Sigeberti, Odilón secuestrou a Hiltruda e obrigouna a casar con el).[5]
En 743 Odilón rebelouse contra a autoridade dos francos,[6] xunto co duque alamán (e quizais o seu irmán) Theodebaldo, forzando así aos seus cuñados, Carlomán e Pipino, a reunir un exército para atacar Baviera.[7] Acamparon á beira do río Lech, mentres que na beira oposta reuníronse non só bávaros senón tamén saxóns, suevos e alamáns.[6] Ao non poder cruzar o río nese punto, despois duns días, Carlomán, despois de dividir o exército en dous grupos, atravesouno pola noite, por zonas pantanosas e deshabitadas, e derrotou inesperadamente aos seus adversarios,[7][8] mentres Odilón e Teodorico, duque dos Saxóns fuxían polo río Inn.[9] Os francos fixeron moitos prisioneiros, incluído ao mensaxeiro do papa, Serxio, que convenceu aos francos para que regresasen á súa terra.[8]
No 744 Carlomán e Pipino volveron intervir en Baviera e,[10] despois de derrotalo, Carlomán fixo as paces con Odilón: Odilón aceptou ser vasalo dos francos, pero seguiu sendo duque de Baviera.[11]
En 746, Odilón, seguindo a vontade de Pipino, elixiu a Virxilio como bispo de Salzburgo.[12]
Odilón morreu o 18 de xaneiro de 748,[13] e pouco despois o seu sobriño, o fillo de Suanaquilda, Grifón, que tamén era o seu cuñado, chegou a Baviera. Grifón foi ben recibido pola súa media irmá, Hiltruda,[1] a viúva de Odilón, rexente en nome do seu fillo o novo duque, Tasilón III.[14] Grifón, aducindo razóns dinásticas (como fillo dunha princesa de Baviera, Suanaquilda) usurpou o trono de Tasilón III, un neno de 7 anos.[4] Sabendo isto, Pipino foi a Baviera[14] e capturou a Grifón,[15] e despois de reconfirmar no seu trono ducal ao seu sobriño Tasilón,[7] levou consigo ao reino dos francos a Grifón,[5] que recibiu doce condados en Neustria.[5][14]
Descendencia
[editar | editar a fonte]Odilón e Hiltruds tiveron un fillo, Tasilón III (742-794), último duque de Baviera da Casa dos Axilolfinga, até o 787 cando, acusado de traizón por Carlomán no xuízo da asemblea de Cannstatt, foi preso e destituído.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Monumenta Germanica Historica, tomus primus: Einhardi Annales , p. 135". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 03 de febreiro de 2021.
- ↑ Foundation for Merovingian Nobility: Odilo Arquivado 2008-02-24 en Wayback Machine.
- ↑ Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus tertius: Ex vita Sancti Bonifaci episcopi maguntini, p. 675
- ↑ 4,0 4,1 Fredegario, Fredegarii scholastici chronicum continuatum, Pars tertia, auctore anonymo austrasio, CX.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus tertius: Ex Chronico Sigeberti monachi, p. 348.
- ↑ 6,0 6,1 Annales Mettenses, p. 33
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Fredegarii scholastici chronicum continuatum, Pars tertia, auctore anonymo austraso, CXII
- ↑ 8,0 8,1 Annales Mettenses, p. 34
- ↑ Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus tertius: Annales Francorum Ludovici Dufour, p. 704
- ↑ "Monumenta Germanica Historica, tomus primus: Analium Petaviarum continuatio, p, 11". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2021.
- ↑ "Monumenta Germanica Historica, tomus primus: Enhardi fuldensis annales, p. 345". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2016. Consultado o 03 de febreiro de 2021.
- ↑ Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus tertius: Ex vita S. Virgili episcopi Salzburgensis, p. 675
- ↑ Annales Mettenses, p. 41
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Annales Mettenses, p. 42
- ↑ Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus tertius: Annales Francorum Ludovici Dufour p.705
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Odilón de Baviera |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Huberto I |
Duque de Baviera 736 – 748 |
Sucesor: Tasilón III |