Ogma
Ogma ou Oghma é unha figura da mitoloxía irlandesa, membro dos Tuatha Dé Danann, frecuentemente considerado unha divindade relacionada co deus galo Ogmios.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Fillo de Elatha[1], loitou na primeira batalla de Mag Tuired, cando os Tuatha Dé chegados a Irlanda derrotaron os Fir Bolg.[2] Baixo o reinado de Bres, cando os Tuatha Dé quedaron reducidos á servidume, Ogma viuse obrigado a, aínda así é o único dos Tuatha Dé que proba a súa forza atlética e marcial en contendas diante o rei. Logo da derrota de Bres e a restauración de Nuadu, Ogma convértese no seu campión. A súa posición vese en perigo pola chegada de Lug á corte, así que Ogma desafíao a levantar e arrebolar unha gran laxe, para a que normalmente se precisan oitenta bois para movela, Lug acepta o desafío e gaña.
Na segunda batalla de Mag Tuired, Ogma convértese no campión de Lug e promete rexeitar o rei dos fomoire, durante a botalla Ogma morre pero reaparece de novo[3] e conquista a espada de Tethra, o rei dos fomoire, denominada Orna, perseguindo os fomoire canda Lug e Dagda. Ogma forma unha tríade xunto con Lug e Dagda[4]. Ogma é o inventor mítico da escrita ogham[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Celtic Encyclopedia, Volume 3. Universal-Publishers, 1998, páxina 580
- ↑ J. Fraser (ed. & trans.), "The First Battle of Moytura" Arquivado 04 de maio de 2009 en Wayback Machine., Ériu 8, pp. 1-63, 1915
- ↑ Jarich G. Oosten The War of the Gods: The Social Code in Indo-European Mythology. Routledge, 1985, páxina 123
- ↑ Jarich G. Oosten Ob. cit., páxina 29
- ↑ James MacKillop, Dictionary of Celtic Mythology. Oxford University Press, 1998, p. 310