Orio Arraunketa Elkartea
O Orio Arraunketa Elkartea é un club de remo vasco da localidade guipuscoana de Orio. A pesar de proceder dunha localidade de aproximadamente 5000 habitantes, trátase dun dos clubs de traiñeiras máis laureados do Cantábrico. Tanto a traiñeira como os remeiros compiten vestidos de cor amarela e a súa traiñeira chámase Mirotza. A súa traiñeira compite na Liga San Miguel.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira referencia oficial escrita da participación dunha traeñeira de Orio remóntase ao ano 1879, na primeira edición das Regatas da Concha de San Sebastián, daquela a organización do equipo recaía na Confraría de Pescadores ou nas comisións do concello. Foi no ano 1901, cando conseguiu o seu primeiro triunfo. No período que vai dende 1879 ata 1932 os remeiros oriotarras competiron co nome da localidade, ORIO. Dende 1933 ata 1964 co de Emen Gatoxtik ORIO. É en xuño de 1965, cando se crea o Club de Remo, denominado Club de Remo Olímpico de Orio, para desenvolver as actividades de remo olímpico e banco fixo. En 1986 inscribiuse no Rexistro de Asociacións Deportivas de Euskadi co nome en éuscaro Arraunketa Elkartea (abreviado C.R.O. ou Orio A.E.)
Sen desmerecer o gran palmarés nas modalidades inferiores, traineiriña e batel, centrámonos na traiñeira, modalidade raíña e máis importante do banco fixo.
Ao longo da súa historia, o Ario Arraunketa Elkartea gañou en 31 ocasións a Bandeira da Concha, sendo o club máis laureado da regata.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 15 Campionatos de España de Traiñeiras: 1946, 1951, 1952, 1955, 1964, 1971, 1973, 1974, 1975, 1976, 1986, 1993, 1995, 1998 e 1999.
- 11 Campionatos de España de Bateis.
- 8 Campionatos de España de Traineiriñas.
- 1 Campionato de España de Llaut.
- 2 Campionatos do Cantábrico.
- 3 Bandeiras da Liga Vasca de Traiñeiras.
- 6 Campionatos de Traiñeiras de Euskadi: 1995, 1997, 1998, 1999, 2001 e 2002.
- 29 Campionato de Euskadi de Bateis.
- 12 Campionatos de Euskadi de Traineiriñas.
- 8 Campionatos de Guipúscoa de Traiñeiras: 1973, 1980, 1982, 1998, 1999, 2001, 2002 e 2008.
- 44 Campionatos de Guipúscoa de Bateis.
- 18 Campionatos de Guipúscoa de Traineiriñas.
- 31 Bandeiras da Concha: 1901, 1909, 1910, 1916, 1919, 1923, 1925, 1933, 1934, 1939, 1940, 1942, 1944, 1951, 1952, 1953, 1955, 1958, 1964, 1970, 1971, 1972, 1974, 1975, 1983, 1992, 1996, 1997, 1998, 2000 e 2007.
- 4 Bandeiras de Santander: 1946, 1983, 1987 e 1991.
- 1 Bandeira Príncipe de Asturias: 1991.
- 2 Bandeiras Teresa Herrera: 1991 e 1992.
- 1 Copa de Prata da Deputación de Biscaia por gañar tres anos consecutivos as Regatas do Abra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio do club (en inglés) (en castelán) (en éuscaro)
- Información do club no sitio da Liga San Miguel Arquivado 07 de agosto de 2013 en Wayback Machine. (en galego)