Orochimaru
Naruto | |
Nome real | Orochimaru |
Idade | 50 |
Altura | 179,4 cm/172 cm |
Peso | 63,9 kg/57.3 kg |
Ocupación | Sannin |
Aldea | |
País | País do Lume País dos Campos de Arroz |
Mestre | Sarutobi |
Equipo | Sannin: Jiraiya, Tsunade |
Relevancia | Inimigo principal |
Familia | Pais (mortos) |
Seiyū | Kujira Yuriko Yamaguchi (Ninja da Herba) Mayumi Yamaguchi (neno) Sachiko Kojima (corpo de muller) |
Naruto: Shippūden | |
Nome real | Orochimaru |
Idade | 54 |
Altura | 172 cm |
Peso | 57.3 kg |
Ocupación | Sannin |
Aldea | Aldea Oculta do Son |
País | País dos Campos de Arroz |
Relevancia | Inimigo |
Familia | Pais (mortos) |
Seiyū | Kujira |
Jutsu | |
Armas | |
| |
Estatísticas | |
Estadísticas
Nivel de Orochimaru
|
Orochimaru (大蛇丸 Orochimaru?) é un personaxe do manga e anime Naruto, creado polo mangaka Masashi Kishimoto. O nome de Orochimaru así como os de Jiraiya e Tsunade veñen da lenda xaponesa Jiraiya Goketsu Monogatari (児雷也豪傑物語?, O Conto de Jiraiya o galante). Orochimaru é un home, pero fala cun ton agudo e un pouco feminino en xaponés para darlle un ton máis sinistro.
Historia
[editar | editar a fonte]Pasado
[editar | editar a fonte]Orochimaru e os seus excompañeiros de equipo, Jiraiya e Tsunade, coñécense como os Sannin lendarios (伝説の三忍 Densetsu no Sannin?) ou simplemente Sannin.
Os seus pais morreron cando el era aínda novo, e o Terceiro Hokage recoñeceu rapidamente o talento natural de Orochimaru. A pesar de que estaba ó tanto da maldade dentro de Orochimaru, elixiu finxir que non o notaba porque esperaba que esa parte da súa personalidade desaparecese co tempo. Segundo pasan os anos, foi un gran amigo de Jiraiya, pero a súa amizade non estaba carente de rivalidade.
Despois de pasar moitos anos de aprendizaxe co Terceiro, Orochimaru comezou a estudar sobre os seus desexos de obter a inmortalidade coa esperanza de poder aprender tódolos jutsus existentes (esta idea nace polo desexo de traer á vida ós seus defuntos pais). Para acadar esta meta, Orochimaru secuestrou aldeáns e experimentou con eles, intentando entender mellor como traballa o corpo e que melloras se podían facer.
Nun experimento, Orochimaru púxolles a dez nenos o seu "selo maldito" para comprobar cal era a súa taxa de éxito. Un deses dez sería a súa propia estudante, Anko Mitarashi, xa que ela foi a única en sobrevivir. Noutro experimento, inxectou os xenes do Primeiro Hokage en sesenta nenos coa esperanza de que conseguisen dominar a técnica Mokuton, e a capacidade de controlar ós Bijū. Orochimaru creu que tódolos nenos da proba morreran pero en realidade, un deles, Yamato, sobreviviu, e conseguiu as capacidades que Orochimaru desexaba.
Comezou a ser menos discreto cos seus experimentos, e o Terceiro descubriu o que facía, e tendo a posibilidade de matalo non puido facelo, así que permitiu que escapase. Cando fuxiu da aldea, Jiraiya, que aínda tiña a Orochimaru por un gran amigo, intentou paralo e persuadilo para que volvese a Konoha, pero Orochimaru rexeitou a idea e foise de Konoha para sempre.
Despois de deixar Konoha, Orochimaru entrou en conflito con Konoha e fundou a Aldea Oculta do Son. Despois disto sábese que ingresou na Organización Akatsuki e tamén que intentou tomar o corpo de Itachi Uchiha para conseguir o seu Sharingan. Debido ás súas capacidades, Itachi puido prever as intencións de Orochimaru, e cortarlle a man na que levaba o seu anel de Akatsuki. Ó non poder tomar o corpo de Itachi, Orochimaru traizoou á organización, e levou con el o anel.
Dende que se foi de Konoha fixo moitas modificacións ó seu corpo, converténdose nunha serpe branca xigante integrada por moitas serpes máis pequenas.
Primeira parte
[editar | editar a fonte]Exames Chūnin
[editar | editar a fonte]Antes do comezo dos exames Chūnin, Orochimaru alíase coa Aldea Oculta da Area, coa intención de invadir Konoha xuntos. Despois de matar ó cuarto Kazekage, Orochimaru disfrázase coma el para dar a impresión de que aproba a invasión, e a aldea acepta tomar parte. Antes de que a invasión comece, Orochimaru mata e personifica a unha Genin da Aldea Oculta da Herba e infíltrase nos exames coa esperanza de conseguir observar ó irmán de Itachi Uchiha, Sasuke. Durante a segunda fase dos exames, Orochimaru ataca a Sasuke para probar as súas capacidades.
Durante a batalla, Orochimaru vese obrigado a tratar con Naruto Uzumaki. Recoñecendo a Naruto como unha ameaza potencial, Orochimaru sela o chakra do raposo, evitando que Naruto teña acceso a el e que o ataque. Despois de que a atención de Orochimaru volvese a Sasuke, este decide ter un combate con el, seguindo o exemplo de Naruto. Como recompensa a Sasuke por levar a cabo esa loita, Orochimaru trábao no pescozo colocándolle deste xeito o "selo maldito do ceo", e desaparece no bosque. A súa exalumna Anko Mitarashi atópao e mantén unha curta loita con el ata que a deixa paralizada polo seu selo maldito.
Durante os preliminares do exame para Chunin, Orochimaru disfrázase dun mestre da Aldea Oculta do Son mandando loitar ós seus discípulos Dosu, Zaku e Kin. Zaku é derrotado por Shino Aburame, Kin é derrotada por Shikamaru Nara e Dosu derrota a Chōji Akimichi, pero máis adiante na historia, Dosu é asasinado por Gaara. Tamén dirixía en segredo a Yoroi Akado, o cal foi derrotado por Sasuke e a Misumi, quen foi derrotado por Kankuro. Inocentemente, Kankuro, Temari, Gaara e o seu mestre Baki servían a Orochimaru crendo que o Kazekage dirixía a operación.
Invasión de Konoha
[editar | editar a fonte]Disfrazado como o cuarto Kazekage, Orochimaru olla os combates finais do exame co Terceiro Hokage. Cando a invasión de Konoha comeza, Orochimaru quita o seu disfrace, revelando que el artellou a invasión co único propósito de conseguir matar ó terceiro, así como o secuestro de Sasuke. Cando os dous comezan a batalla, Orochimaru resucita ós dous primeiros Hokage que loitan obrigados contra o terceiro. O terceiro invoca a Enma, o rei mono e despois emprega o jutsu de selado do cuarto para atrapar as súas almas. Tamén trata de selar a alma de Orochimaru, pero este, ó decatarse do que trataba de facer atravésao polas costas coa espada Kusanagi. A piques de morrer, o terceiro sela os brazos do Sannin nun intento de compensar non telo asasinado antes. Ó facer iso, impídelle facer calquera jutsu. Despois Orochimaru escapa coa axuda dos seus subordinados.
Busca de Tsunade
[editar | editar a fonte]Orochimaru busca á súa anterior compañeira de equipo, Tsunade, coa esperanza de que ela poida restaurarlle os seus brazos. Ó atopala, ofrécelle como pago resucitar ó seu antigo amor e ó seu irmán máis novo. Aínda que ela considera a oferta, despois da reunión con Naruto, rexéitaa, sabendo que Orochimaru destruiría Konoha se lle chega a curar os brazos. Ante a súa oposición debe loitar non só contra Tsunade, senón tamén con Jiraiya. No seu estado debilitado, Orochimaru non pode presentar moita guerra contra os seus antigos compañeiros Sannin e cae derrotado a pesar de ter invocado á serpe xigante Manda. Foxe da batalla, ameazando con regresar e destruír Konoha e con tomar un novo anfitrión para a súa alma.
A recuperación de Sasuke
[editar | editar a fonte]Orochimaru envía ós seus catro secuaces, os Catro do Son, para que traian a Sasuke, e sexa o seu novo corpo, pero Sasuke chega tarde logo da violenta loita contra Naruto e escolle outro no seu lugar. Debido a que a técnica para cambiar de corpo só se pode facer cada tres anos, deberá agardar, e debido a iso comeza a adestrar ó xove Uchiha.
Segunda parte
[editar | editar a fonte]Encontro co Equipo Kakashi
[editar | editar a fonte]Tres anos máis tarde, Sakura, Naruto, Sai e Yamato van en busca do espía de Sasori, ata a ponte do ceo e a terra. Yamato disfrázase de Sasori para atoparse co espía, que non é outro que Kabuto. Comeza a loita e Orochimaru enfróntase a soas con Naruto que está na forma de catro colas de Kyūbi. Aínda que Orochimaru parece gozar da batalla, os ataques de Naruto son moi potentes e o seu corpo de fraquea ó ser levado ó límite e debe fuxir.
O desafío de Sasuke e a derrota do Sannin
[editar | editar a fonte]Namentres que Orochimaru xace no seu leito descansando, o seu corpo comeza a fallar e Sasuke aprovéitao para atacalo co Chidori. Entón Orochimaru revela a súa forma verdadeira (Unha serpe branca xigante conformada por máis serpes), e ataca a Saske. A loita remata co Sannin atrapado dentro do corpo de Sasuke.
Sasuke contra Itachi
[editar | editar a fonte]Avanzada a batalla entre Sasuke e Itachi, o maior dos irmáns vese forzado a empregar a técnica definitiva do Mangekyō Sharingan, o Susanō, despois de fallar co Tsukuyomi e co Amaterasu, e de ser ferido polo Kirin de Sasuke. Sasuke quedou sen chakra e o sannin aproveita a oportunidade liberarse. Logo emprega o Yamata no jutsu sobre Itachi, pero o Susanō desfaise das cabezas da gran hidra. Logo, coa espada Totsuka de Susanō, Itachi sela a Orochimaru nun mundo de genjutsu eterno.
A Cuarta Gran Guerra Ninja
[editar | editar a fonte]Anko e Danzo buscan a Kabuto quen ten ou pode ter información sobre os resultados das investigacións que facía Orochimaru, xa que el mesmo se implantou ADN do Sannin para facerse máis forte.
Misións Feitas
[editar | editar a fonte]- Rango D: 16
- Rango C: 332
- Rango B: 521
- Rango A: 50
- Rango S: 109