Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

PLC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PLC Siemens Simatic S7-400 sistema en panel. De esquerda a dereita: fonte de alimentación PS407 4A, CPU 416-3, interface módulo IM 460-0 e procesador de comunicacións CP 443-1. Os postos libres á dereita son para ampliacións.

PLC ou autómata programable, en inglés programmable logic controller, (PLC é unha marca rexistrada propiedade de Allen-Bradley Company de Rockwell Automation) é un sistema electrónico programable empregado en automatización e control industrial[1].

Os PLC creáronse primeiramente na industria automobilística, pola Hydronic Division de General Motors, en 1968 baixo a dirección do enxeñeiro Richard Morley seguindo especificacións e necesidades do sector do motor. Pola necesidade dun sistema programable que facilitase os trocos nos deseños e simplificase a cablaxe e mantemento. A primeira marca de PLC, chamouse Modicon (Modular Digital Controler). A marca foi vendida en 1977 a Gould Electronics, despois pasou a propiedade de AEG e hoxe segue no mercado sendo propiedade de Schneider Electric.

Antes da utilización dos PLC os sistemas formados por contactos, interruptores, botóns, relés, temporizadores e demais elementos debían ser instalados e conectados a man. Ademais calquera avaría ou modificación facía necesario un tempo de mantemento e parada que dependía moito da súa complexidade de xeito que os sistemas máis complexos volvíanse pouco fiables con moitos tempos mortos, paradas de produción ou axustes. Os sistemas programables baseados en módulos de procesado, entradas de datos e saídas de sinais permitían un uso moito máis flexible.

A idea inicial dos PLC foi un equipamento coas seguintes características resumidas:

  • Facilidade de programación
  • Facilidade de mantemento e conexionado
  • Alta confiabilidade
  • Dimensións menores que paneis de relés, para redución de custos
  • Envío de dados para procesamento centralizado
  • Prezo competitivo
  • Expansión en módulos
  • Mínimo de 4000 palabras na memoria

Descrición

[editar | editar a fonte]

Un PLC está constituído por módulos e sistemas electrónicos.

  • Fonte de alimentación
  • CPU, unidade de procesado e execución dos programas
  • Módulos de entrada e saídas, para sinais e ordes
  • Módulo de comunicacións, interoperación con outros sistemas e supervisión

A flexibilidade dos sistemas baseados en PLC, a facilidade de programación e o seu achegamento a practicamente tódolos sistemas que poden ser automatizados fixeron que dende a súa primeira aplicación no sector da automoción fose entrando en practicamente tódolos campos industriais. O prezo dun PLC básico (menos dunha ducia de entradas para sinais e menos de media ducia de saídas, pode non chegar a custar 50 euros) ata os sistemas máis complexos que custan ducias de milleiros de euros. Esta flexibilidade e adaptación a distintas contornas de traballo fixo que os PLC estean presentes en case tódolos procesos automatizados.

Programación

[editar | editar a fonte]

A primeira vantaxe do seu uso na programación, a súa facilidade, foi o que permitiu que os PLC cheguen a ser elementos imprescindibles na electrónica para automatismos. Non existen linguaxes de programación normalizadas nin un estándar internacional polo que cada marca creou as súas propias instrucións de uso e adaptounas. Esta grande limitación que fai incompatibles as distintas marcas entre si, non supuxo un grande problema. De feito as empresas que traballan en automatización industrial, deseñando e fabricando automatismos, empregan distintas marcas e linguaxes de programación segundo os requirimentos dos clientes podendo ofrecer o mesmo automatismo con distintas marcas de PLCs.

  • IL, listaxe de instrucións. Moi similar á linguaxe de programación en ensamblador.
  • FBD, Function block diagram
  • LD, Ladder Diagram, ou diagrama de contactos en escaleira, que utiliza unha representación gráfica que recorda un esquema eléctrico.
  • SFC, Sequential Function Chart, tamén vinculada con GRAFCET, ou gráfico de control de etapas e transicións
  • ST, Structured text, similar á linguaxe de programación en C
  • Norma IEC 61131-3, da Comisión Electrotécnica Internacional.

Exemplo de programación, esquema de contactos.


| (N.O. contacto)  (N.C. contacto)                            |
|                                                             |
|  Baixo Nivel      Alto Nivel                 Válvula Auga   |
|------[ ]------|------[/]----------------------(OUT)---------|
|               |                                             |
|               |                                             |
|               |                                             |
| Auga Válvula  |                                             |
|------[ ]------|                                             |
|                                                             |
|                                                             |