Panacea (mitoloxía)
Na mitoloxía grega Panacea (en grego antigo Πανάκεια Panákeia, ‘que todo o cura’), filla de Asclepio e de Epione (filla á súa vez de Helios, o Sol) e irmá de Yaso (a curadora), Hixía, Aceso e Egle, foi unha deusa menor da saúde.[1] Axudaba xunto as súas irmás no labor do seu pai, curar e facer medicamentos coas plantas.
Tivo catro irmáns homes: Podalirio, tamén médico e un dos reis que tivo Tricca, e Macaón, o outro rei de Tricca, especialista en cirurxía (ambos participaron na Guerra de Troia, onde Macaón foi asasinado por Pentesilea, raíña das Amazonas); Telesforo, quen dedicou a súa vida a servir o seu pai; e Arato, foi un heroe grego que liberou Sición.
Dicíase que Panacea tiña unha cataplasma ou poción coa que curaba os enfermos. Isto trouxo consigo o concepto de panacea en medicamento, unha substancia para curar todas as enfermidades. O termo tamén se utiliza en sentido figurado como algo destinado a resolver por completo un problema grande con moitas facetas.
A deusa tiña un templo en Oropo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grimal, Pierre (2008). Diccionario de la mitologia griega y romana. Editorial Paidós. p. 403. ISBN 9788449322112.
Fontes
[editar | editar a fonte]- Pausanias i.34.2
- Aristófanes, Pluto 702, co escolio
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, W., ed. (1867). «Panaceia». A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Boston: Little, Brown & Co. iii.107. OCLC 68763679.