Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Papiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre o material de escritura, para a planta véxase o artigo: Papiro (planta).

Papiro exipcio propiedade do Museo Exipcio do Cairo que mostra ao deus Osiris pesando o corazón

Papiro (do latín papyrus , e este do grego πάπυρος) é o nome que recibe o soporte de escritura elaborado a partir dunha planta acuática, moi común no río Nilo, en Exipto, e nalgúns lugares da conca mediterránea, unha herba palustre da familia das ciperáceas, o Cyperus papyrus.

O Cyperus papyrus é unha planta nativa de África da mesma familia da Tiririca (Cyperus rotundus), que é a planta daniña máis difundida do mundo, segundo o Libro Guiness. Na época antiga considerábase sagrada e fartamente encontrada no delta do Nilo. Era utilizada principalmente na produción de papel no Antigo Exipto.

O talo do papiro pode atinxir até 6 metros de comprimento. A flor da planta lembra os raios do sol e é por ter esta analoxía co sol, divindade máxima dese pobo, que o papiro era considerado sagrado. O miolo do talo utilizábase para facer papiros, e a casca, moi resistente despois de seca, na confección de cestos, camas e até barcos.

Papiro

Confección do papiro

[editar | editar a fonte]

Foi sobre os 2200 anos antes de Cristo que os exipcios desenvolveron a técnica do papiro, unha especie de pergamiño e un dos máis vellos antepasados do papel. Para confeccionar o papiro, córtase o miolo abrancazado e poroso do talo en finas láminas. Despois de secas, estas láminas mergúllanse en auga con vinagre para permaneceren alí durante seis días, co propósito de eliminar o azucre. Outra vez secas, as láminas son colocadas en fileiras horizontais e verticais, sobrepostas unhas ás outras. A secuencia do proceso esixe que as láminas sexan colocadas entre dous pedazos de tecido de algodón, por riba e por baixo, e despois prensadas durante seis días. Co peso da prensa as finas láminas mestúranse homoxeneamente para formar un papel amarelado, listo para ser usado. O papel preparado era, entón, enrolado nunha vareta de madeira ou marfil para formar o rolo que sería usado na escrita.

Legado do papiro

[editar | editar a fonte]

Moito da historia de Exipto foi legada á posteridade grazas aos rolos de papiro encontrados nos túmulos de nobres e de faraóns.

Debido ao gran número de papiros encontrados, utilizáronse diversos esquemas de clasificación para poder identificalos:

  • Pola persoa que posuía o manuscrito (por exemplo Chester Beatty)
  • Polo lugar de orixe (por exemplo Oxyrhynchus)
  • Pola biblioteca onde se conservan (por exemplo Rylande Libr.)

Aos papiros outórgaselles unha numeración para facilitar a súa identificación nos labores de referencia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]