Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Parasíntese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En lingüística, a parasíntese é a denominación coa que se designa un proceso de formación de palabras no que se funden a composición e a derivación. Un trazo característico da parasíntese que a afasta da simple derivación é que no caso de quitar o prefixo o conxunto substantivo + sufixo non ten ningún siginificado, e o mesmo acontece se tiramos o sufixo do conxunto prefixo + substantivo. Estes dous fenómenos non se dan na formación de palabras por derivación.

Exemplo de parasínteses son palabras:

  • alaranxado = a + laranx + ado.
  • enmagrecido = en + magre + (c) + ido.
  • antediluviano = ante + diluvi + ano.