Paredros
Paredros (transcrición do grego antigo πάρεδρος, páredros) é un substantivo ou adxectivo que significa literalmente «sentar cerca», «que está sentado á beira». Traducido como asesor, na antiga cultura grega representaba a función de axuda nunha institución política.
Atenas
[editar | editar a fonte]Nos séculos -V e -IV, foron nomeados arcontes epónimos e arcontes basileus suplentes. A súa posición era de carácter oficial, xa que estaban suxeitos á dokimasia. Cada un dos dez eúthynoi da Bulé que había no século -IV, tiña dous asesores cuxo traballo comezaba despois de que fosen presentadas as denuncias. Desde -418/-417 eran dez os asesores do hellenotamiai pagos polo erario público.
Esparta
[editar | editar a fonte]En Esparta foron os éforos os paredros dos reis para os asuntos legais.
Exipto
[editar | editar a fonte]No Exipto helenístico os paredros actuaban como conselleiros consultivos de cada un dos xuíces, como membros dos tribunais. Existiron entre os séculos -I e III.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Harding, Phillip (1985). Harding, Phillip. From the end of the Peloponnesian War to the battle of Ipsus (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 0-521-29949-7. (en inglés). p. 181. Consultado o 28 de xullo de 2009.
- Kapparis, K. A. (1999). Against Neaira: D. 59 (en inglés). Ed. Walter de Gruyter. p. 322. Kapparis, K. A. Against Neaira: D. 59 (en inglés). Ed. Walter de Gruyter. ISBN 3-11-016390-X. Consultado o 28 de xullo de 2009.
- Kapparis K. A. (1998). «Assessors of magistrates (Paredroi) in Classical Athens». "Assessors of magistrates (Paredroi) in Classical Athens". Historia (nº 4). ISSN 0018-2311. (en inglés). vol. 47 (nº 4): pp. 383-393.