Paul Vidal de la Blache
Nome orixinal | (fr) Paul Vidal de La Blache |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de xaneiro de 1845 Pézenas, Francia |
Morte | 5 de abril de 1918 (73 anos) La Seyne-sur-Mer, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Educación | École Normale Supérieure (1863–1866) Lycée Charlemagne (en) French School at Athens (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeografía |
Ocupación | xeógrafo, cartógrafo |
Empregador | Universidade de París |
Membro de | |
Alumnos | Henri Baulig (pt) |
Obra | |
Doutorando | Antoine Vacher (pt) |
Familia | |
Fillos | Joseph Vidal de la Blache |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Видаль де ла Блаш Поль) Obálky knih, |
Paul Vidal de la Blache, nado en Pézenas, Herault (Languedoc) o 22 de xaneiro de 1845 e finado en Tamaris-sur-Mer, Provenza o 5 de abril de 1918, foi un xeógrafo francés, considerado como o pai da Xeografía rexional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Durante a súa estada en Atenas realizou diversas viaxes polo Mediterráneo que espertaron a súa curiosidade xeográfica. Nesa época leu a obra de Alexander von Humboldt e a de Carl Ritter. A súa tese doutoral (1872) estivo dedicada aos epitafios gregos da Asia Menor, e grazas á mesma foi nomeado profesor da universidade de Nancy entre 1873-1877. Máis tarde o foi da École Normale Supérieure de París en 1877-1878 e, logo, catedrático de xeografía na Sorbona entre 1898-1909, onde demostrou grande interese pola historia antiga.
A obra de Vidal de la Blache
[editar | editar a fonte]Preocupouse pola acción humana sobre o medio físico no que está inmerso e, en certa maneira, polas diferentes modalidades de adaptació a unhas condicións físicas máis ou menos difíciles. Foi un dos promotores dos estudos de xeografía rexional en Francia, mediante os seus discípulos Jules Sion, Jean Brunhes, Albert Demangeon ou Emmanuel de Martonne, que conformaron o que se denominou a Escola Xeográfica Francesa. Creou e dirixiu a revista Annales de Géographie (1891) e dirixiu a colección Geographie Universelle.
Vidal de la Blache foi non só un precursor da xeografía rexional francesa, senón aínda do estudo da rexión e da comarca (pays) como áreas onde se efectúan as relacións entre fenómenos físicos (milieu) e humanos (genre de vie, modo de vida), que dan lugar a unha paisaxe particular (paysage). Combateu decididamente o determinismo ambiental, que posteriormente Lucien Febvre denominaría posibilismo, e foi partidario dunha aproximación científica aos fenómenos de tipo indutivo e historicista.
Obras
[editar | editar a fonte]- Hérode Atticus. Étude critique sur la vie, (1872)
- États et nations d'Europe (1881)
- La terre, géographie physique et économique, (1883)
- Atlas général d'histoire et de géographie (1894)
- Tableau de la géographie de la France,(1903)
- La France de l'Est, (1917)
- Principes de géographie humaine (1918).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Vidal de la Blache |