Paulo Martínez Lema
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 (41/42 anos) Damil, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filólogo |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Paulo Martínez Lema, nado en Damil (Begonte) en 1982, é un filólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese de doutoramento, dirixida por Francisco Xabier Varela Barreiro e Antón Santamarina, levou por título Achegamento á toponimia medieval galega: a documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV).[1] É o autor de varios artigos sobre toponimia en revistas académicas e da obra Toponimia de Begonte e Rábade (2018).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ galegos.galiciadigital.com (ed.). "Paulo Martínez Lema en galegos.galiciadigital.com". Consultado o 4 de xaneiro de 2023.
- ↑ Real Academia Galega (ed.). "Toponimia de Begonte e Rábade nas Publicacións da Real Academia Galega". Consultado o 4 de xaneiro de 2023.