Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Pedro Varela Ulloa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Varela Ulloa
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1737 Editar o valor en Wikidata
Vilareda, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xuño de 1797 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Aranjuez, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Pedro Benito José Sánchez Varela Ulloa Noguerol, nado en Vilareda (Palas de Rei) o 9 de xaneiro de 1737 e finado en Aranjuez o 10 de xuño de 1797, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Antonio Joseph Ventura Sánchez Varela Ulloa, comisario de provincia de Mariña en Pontevedra, e Teresa Noguerol Varela. Foi subdelegado da Xunta Xeral do Comercio e Moeda de Pontevedra. En 1795 era conselleiro de Estado, sendo ministro gobernador do Consello de Indias. O rei Carlos IV nomeouno, logo de desempeñar o cargo de secretario de Mariña durante os anos de 1795 e 1796, secretario de Estado e do despacho universal de Facenda o 28 de outubro de 1796. Permaneceu no posto ata o momento do seu pasamento, acontecido o 10 de xuño de 1797. Foi membro da Real Academia da Historia dende 1782, acadando o cargo de Tesoureiro; cabaleiro da Real e distinguida Orde de Carlos III; do Consello da Súa Maxestade; e membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Madrid coa súa sobriña María Escolástica Flórez Varela, filla da súa irmá Vicenta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]