Pementa de Guinea
Grans do Paraíso Aframomum melegueta | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Aframomum melegueta K.Schum. |
Os chamados grans do paraíso son unha especia do oeste de África obtida da planta Aframomum melegueta. É picante ao padal, con sabor moi similar á pementa negra. Tamén se coñece como pementa de Guinea.
Descrición
[editar | editar a fonte]Planta da familia do xenxibre, cunha raíz en forma de rizoma, con talos foliares de non máis de 60 centímetros de lonxitude. As follas son compostas. As flores son violetas e saen directamente da raíz, máis ou menos solitarias. O froito é rubio, con multitude de sementes aromáticas pardas.
Historia e usos
[editar | editar a fonte]A pementa guineana é usada de modo corrente nas cociña da África Occidental e da África do Norte, para onde era exportada polas rotas das caravanas de camelos a través do Deserto do Sáhara, e de alí distribuída para Sicilia e Italia. Mencionada por Plinio o Vello como "pementa africana", foi esquecida en Europa até tornarse substituto da pementa negra en moda nos séculos XIV e XV, sobre todo no norte de Francia, unha das máis populosas rexións europeas da época.
En 1469, Afonso V, Rei de Portugal concedeu o monopolio do comercio do golfo de Guinea ao mercador lisboeta Fernão Gomes,[1] incluíndo a exclusividade do comercio da pementa de Guinea, entón chamada "malagueta" - que lle foi concedido por 100.000 reais anuais- en troco de explorar 100 leguas da costa de África por ano durante cinco anos.[2] A pementa de Guinea era entón moi popular como substituto da valiosa pementa negra asiática.[3]
Cando Cristovo Colón chegou ao Novo Mundo en 1492 e trouxo os primeiros exemplares de Capsicum frutescens, o picante da capsaicina espertou interese nos portugueses que había décadas que buscaban a rara pementa de Asia. O nome malagueta foi entón adoptado para esta nova "pementa".[3]
O Ménagier de Paris recomenda os grans do paraíso para mellorar o viño que "cheira a vello". Pasado algún tempo, o seu uso decaeu, e ficou limitado á aromatización de cervexa e salchichas. No século XVIII a súa importación para a Gran Bretaña caeu debido a unha lei parlamentaria de Xurxo III de prohibir o seu uso no licor de malte, aqua vita e tónicos.[4] A pesar das súas cualidades, hoxe en día é case descoñecida fóra da África Occidental[5] e do Norte, excepto polo seu uso nalgunhas cervexas.
Propiedades
[editar | editar a fonte]As sementes teñen moitas aplicacións no campo da medicina tradicional, contra problemas intestinais, arrefriados, dores musculares e de columna, tamén para curar feridas e matar parasitos da cavidade bucal. Posúen efectos afrodisíacos e quitan o sono.[6]
- Aframomum grana-paradisi (L.) K.Schum.
- Aframomum meleguetella K.Schum.
- Alexis grandiflora (Sm.) Salisb.
- Alpinia grana-paradisi (L.) Moon
- Amomum elatum Salisb.
- Amomum grana-paradisi L.
- Amomum grandiflorum Sm.
- Amomum melegueta Roscoe
- Cardamomum grana-paradisi (L.) Kuntze
- Cardamomum grandiflorum (Sm.) Kuntze
- Torymenes officinalis Salisb.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Contrato de Fernão Gomes" (en portugués). Consultado o 29-03-2016.
- ↑ Thorn, Rob. "Discoveries After Prince Henry". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2007. Consultado o 2006-12-24.
- ↑ 3,0 3,1 Daniel F. Austin, "Florida ethnobotany", p. 170, CRC Press, 2004, ISBN 0-8493-2332-0
- ↑ Peter Kup, A history of Sierra Leone, 1400-1787 (Cambridge University)
- ↑ E. A. Weiss, "Spice crops", p.187 CABI, 2002, ISBN 0-85199-605-1
- ↑ Aframomum melegueta en Museo virtual de las Ciencias
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pementa de Guinea |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pementa de Guinea |