Pepe Carreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 (69/70 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador, autor |
Familia | |
Fillos | Abraham Carreiro |
Xosé Carreiro Montero, máis coñecido como Pepe Carreiro, nado en Vigo en 1954, é un humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada, coñecido por ser o creador da serie infantil Os Bolechas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo, fundou con outros socios unha axencia propia e ten un estudio propio dende os anos 90.[2]
Foi fundador das revistas Can sen Dono e XO! "a voz que para a bestas"; publicou dous libros de humor gráfico: Fraga na Galiza (Laiovento) e Mellor que onte, pero mellor que mañán (Fervenza); e publicou viñetas e tiras en medios como A voz do Pobo (na sección "O fillo de Breogán"), Teima (na sección "O galo Camilo"), l La Codorniz, Mundo Obrero, El Pueblo Gallego ("O galo Camilo"), Hoja del Lunes de Vigo, Faro de Vigo ("Maxistérico"), Diario de Galicia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Faro del Lunes ("Canal privado"), Televisión de Galicia ("O anano do tesouro"), El Correo Gallego, ("O galo Camilo"), A Peneira ("Robinsón"), El Mundo, A Trabe de Ouro, Tempos novos, kkrak.net, Novas de Galiza, Retranca e Xornal de Galicia.[1]
Como debuxante e guionista de cómic publicou tres álbums da serie Os Barbanzóns: Baroña ou morte, Non solpor da prehistoria e A noite de Samaín; e un álbum da serie Galicia nas guerras napoleónicas: A retirada de Sir John Moore; ademais de varias páxinas en medios como Faro de Vigo, A Nosa Terra, Enclave, BD ou as fundadas por el como Can sen Dono e Xo![2]
Tamén é súa a serie Os Formigón (A Nosa Terra); a serie Os Pequenos Barbanzóns, en colaboración con Abraham Carreiro (Toxosoutos); e varios contos para as coleccións Contos do Miño (A Nosa Terra), Merlín (Xerais), Árbore (Galaxia) e A chalupa (Galaxia). Tamén publicou en Sotelo Blanco, Ir Indo, Pearson Education, Macmillan, EDB, Rodeira etc.
Pero o maior éxito como debuxante, ilustrador e escritor foi a creación da serie infantil Os Bolechas editada primeiro por A Nosa Terra e actualmente por Bolanda Edicións e Márketing e que deu o salto do papel a outros múltiples formatos, como espectáculos para teatro, discos, unha serie de televisión, etc.
Obra
[editar | editar a fonte]Ademais de Os Bolechas, Biblioteca básica Os Bolechas e Os Barbanzóns.
- Fraga na Galiza (1997). Santiago: Laiovento. ISBN 978-84-89896-09-7.
- Castelao (1999). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-96259-07-2.
- Mellor que onte, pero mellor que mañán (2004). Silleda: Fervenza. ISBN 96368-08-4.
- Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil (2023). Con Antón Mascato. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-998-0.
- Manuel María sachando na terra común, non na de un (2022). Fundación Manuel María. ISBN 9788412310252.
- O poeta Manuel María vai ver as follas do outono (2023). Con Abraham Carreiro. Fundación Manuel María. ISBN 978-84-123102-8-3.
- O poeta Manuel María foxe de Barriga Verde (2024). Con Abraham Carreiro. Fundación Manuel María. ISBN 978-84-123102-9-0.
A nosa historia (Baía Edicións)
[editar | editar a fonte]- Historia de Galicia. Da vida nas covas ás acampadas nas prazas (2012). ISBN 978-84-9995-034-1.
- Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres (2014). ISBN 978-84-9995-127-0.
- As Irmandades da Fala. Nin provincialismo, nin rexionalismo, nin galeguismo: nacionalismo! (2016). ISBN 978-84-9995-204-8.
- Historia da Lingua Galega. Do latín ao acento de Burgos (2023). ISBN 978-84-9995-371-7.
Contos do Miño (A Nosa Terra)
[editar | editar a fonte]- A historia infinda (ISBN 978-84-96403-49-9)
- Marca negra (ISBN 978-84-96202-69-6)
- Grandes contra pequenos (ISBN 9788495350787)
Ilustrador
[editar | editar a fonte]Entre outros:
- A pomba dona Paz, de Ramón Caride. Xerais
- Ó outro lado do sumidoiro, de Xosé A. Neira Cruz. Xerais
- O enigma de Embívicus, de Xosé Antonio Perozo. Sotelo Blanco
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- Compostela, la historia de una leyenda (2003). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-95622-94-5. En catro linguas.
Premios
[editar | editar a fonte]Foi 3º premio ex aequo con Xan González do Concurso nacional de contos infantís O Facho de Cómics para nenos no 1980, por A illa dos carballos. No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O seu fillo, Abraham Carreiro, tamén é debuxante.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Carreiro, Pepe". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-23.
- ↑ 2,0 2,1 "Pepe Carreiro - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-07-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.