Perseidas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
As Perseidas, popularmente coñecidas como as Bágoas de San Lourenzo, son unha chuvia de meteoros de actividade alta. O seu período de actividade é longo e esténdese entre o 17 de xullo e o 24 de agosto. O seu máximo é o 12 de agosto con Taxa Horaria Zenital (THZ) 100, o que a converte na terceira maior chuvia do ano e fai que máis das 3/4 partes dos meteoritos observados esa noite sexan Perseidas[1]. Porén, é a máis popular e observada no hemisferio norte debido a que transcorre en agosto, mes de bo tempo e de vacacións por excelencia.
Características
[editar | editar a fonte]Son meteoros de velocidade alta (59 km/s) que radian da Perseus ou Perseo. Polo tanto, a súa alta declinación (+58 º) non permite a súa observación en rexións meridionais, xa que dende o Ecuador se alcanzan tan só os 32º de altura.
A intensidade desta chuvia de meteoros e a época do ano na que se produce (na que a visibilidade adoita ser boa), fan que as Perseidas sexan unha das chuvias de estrelas fugaces máis populares e sinxelas de contemplar para todo o mundo. Levan contemplándose ao menos dende o ano 69 a.C.[1]
As Perseidas son tamén coñecidas co nome de bágoas de San Lourenzo, porque o 10 de agosto é o día deste santo. Na idade medieval e o renacemento, as Perseidas tiñan lugar a noite en que se lle recordaba, de tal xeito que se asociaron coas bágoas que verteu San Lourenzo ao ser queimado na fogueira, concretamente nunha grella.
A pesar de ser as máis vistas, son inferiores en número a outras 'chuvias de estrelas' (por exemplo, as Leónidas poden acadar ata 1000 meteoros/hora).[1]
Orixe
[editar | editar a fonte]O corpo proxenitor das Perseidas é o cometa 109P/Swift-Tuttle, descuberto por Lewis Swift e Horace Parnell Tuttle o 19 de xullo de 1862, posúe un diámetro de 9,7 quilómetros e a súa órbita ao redor do Sol dura un período de 135 anos.
A súa última aparición tivo lugar en 1992, producíndose en 1993 un pico de actividade con THZ 300. Desde entón, a actividade descendeu progresivamente ata o nivel normal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "La cámara de meteoros de la ESA captura las perseidas". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-08-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Perseidas |