Peter Revson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1939 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 22 de marzo de 1974 (35 anos) Circuíto de Kyalami, Suráfrica |
Lugar de sepultura | Ferncliff Cemetery (pt) |
Educación | Universidade Cornell Hotchkiss School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Carreira automobilística, Fórmula 1 e carreira de Fórmula 1 |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Pais | Martin Revson e Julie Phelps |
Premios | |
Peter Jeffrey Revson, nado en Nova York o 27 de febreiro de 1939 e finado o 22 de marzo de 1974, foi un piloto de carreiras estadounidense que tivo éxitos na Fórmula 1 e nas 500 Millas de Indianápolis.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Peter Revson era fillo de Julie e Martin Revson.[1] e sobriño do propietario de Revlon, o magnate da industria de cosméticos Charles Revson. Herdou a fortuna do seu pai (ao parecer máis de mil millóns de dólares). Era un mozo solteiro e aposto que foi descrito como un "espírito libre", que deixou unha vida fácil para adicarse a unha vida de velocidade e perigo. Fóra da pista, levou a súa vida ao mesmo ritmo acelerado. Revson pilotaba un Chris Craft de 9´8 m. e fixo as veiras a algunhas das mulleres máis belas do mundo, como a modelo e Miss Mundo de 1973, Marjorie Wallace.
Andaina
[editar | editar a fonte]Revson comezou a competir en 1960, cando estaba na Universidade de Hawai. Previamente asistiu tanto a Universidade de Columbia como á Universidade Cornell. Revson terminou segundo nunha carreira local, pilotando un Plus Four Morgan. Continuou a súa carreira deportiva, experimentando nos coches de Fórmula, nos sedáns Trans-Am, na Can-Am, GTS, e Indianápolis.
1963-1974 Fórmula Un, TransAm, Can-Am e Indianápolis
[editar | editar a fonte]En 1963 Revson competiu profesionalmente mentres recorría Europa, pilotando un Fórmula Júnior.[2] En 1968 formou parte do novo programa de carreiras Javelin establecido por American Motors (AMC).[3] No primeiro intento na Trans-Am Series, as 12 Horas de Sebring, Revson e Skip Scott quedaron 12º na xeral e quintos na súa clase.[4][5]
Nas 500 Millas de Indianápolis de 1969 Revson foi o mellor novato, quedando en quinto lugar na carreira. Pilotaba un Brabham-Repco, que tivo problemas do carburador. Durante unha elección posterior á carreira, foi seleccionado como finalista para novato do ano. Ese ano Revson logrou sete acabados no top cinco da serie TransAm, pilotando un Mustang.
En 1970 asociouse con Steve McQueen para lograr o segundo lugar nas 12 Horas de Sebring. O mesmo ano Revson pilotou con Mark Donohue no equipo de fábrica de Penske Racing, no SCCA Trans Am. El pilotou un Lola Racing Cars L&M especial e converteuse nun dos pilotos principais na serie de carreiras Can-Am.[2] Revson uniuse a McLaren en 1971, converténdose no primeiro estadounidense en gañar o campionato Can-Am. Esa mesma tempada terminou segundo nas 500 Millas de Indianápolis logo de rexistrar o mellor tempo de clasificación.
Competiu na Indy 500 cada ano desde 1969 ata 1973. En 1972, Revson foi fichado polo equipo McLaren de Fórmula 1. Permaneceu co equipo por dous anos, gañando o Gran Premio do Reino Unido de 1973 e o Gran Premio do Canadá de 1973. Marchou a Shadow en 1974. É o último piloto nado nos Estados Unidos en gañar unha carreira de Fórmula Un (Mario Andretti, que gañou posteriormente, é un estadounidense naturalizado).
Morte
[editar | editar a fonte]Revson morreu durante unha sesión de probas antes do Gran Premio de Suráfrica de 1974 en Kyalami. Mentres pilotaba o UOP Shadow-Ford Ford DN3, sufriu unha avaría na suspensión dianteira, e estrelouse con forza contra a barreira Armco no exterior da "Barbecue Bend", e morreu.
Tony Southgate, deseñador do DN3, (Motorsport Magazine, xuño de 2012, páxina 84) - "Revvie era un tipo fabuloso, tolerante, encaixaba ben, e un moi bo piloto, pero traxicamente non estivo connosco moito tempo. Clasificouse na 2ª fila na Arxentina e na fila 3 en Brasil. Logo, el e eu, o noso xefe de mecánicos Pete Kerr e outros dous mecánicos fomos a Kyalami para as probas antes do GP de Suráfrica. Revvie ía moi ben, moi contento co coche, e logo non apareceu. Saímos correndo á parte de atrás do circuíto e atopamos o coche enterrado baixo as barreiras Armco no exterior dunha curva rápida. Peter xa estaba na ambulancia e marchara. Telefonei ao hospital, e dixéronme que tiña que ir á morgue e identifícalo. Cando se soubo a noticia, desatouse o inferno, xornalistas golpeando na miña porta do hotel, entón o avogado da familia Revson chegou e tomou o control."
"Estabamos usando moito titanio no DN3, que era un novo material bastante común entón. O titanio é fodido, ten que mecanizarse ben e puírse a superficie e unha rótula que tiña un mecanizado basto fallara. Só había unha barreira Armco e o coche, en lugar de ser desviado ou detido, metérase baixo a barreira ata a cabina do piloto. Sentíame persoalmente responsable. Foi un momento moi difícil. O glamour da Fórmula 1 desaparecera, substituído por unha especie de soidade. Só tiña que traballar. Por suposto substituín todos os compoñentes de titanio por aceiro antes da seguinte carreira."
Foi o segundo Revson a perder a súa vida nas carreiras, o seu irmán Douglas morreu nun accidente en Dinamarca en 1967. Peter e Douglas Revson están enterrados xuntos nunha cripta no Ferncliff Cemetery de Hartsdale, Nova York. A autobiografía de Revson, 'Speed with Style' (velocidade con estilo), co-escrito con Leon Mandel, foi publicado postumamente por Doubleday & Company en 1974.
Revson foi substituído por Tom Pryce, quen morreu tres anos máis tarde no mesmo Gran Premio.
Resultados
[editar | editar a fonte]Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1964 | Revson Racing | Lotus 24 | BRM V8 | MON NSC |
NED |
ALE 14 |
AUT |
ITA 13 |
USA |
MEX |
NC | 0 | ||||||||
Reg Parnell Racing | BEL DSC |
GBR Ret |
||||||||||||||||||
Lotus 25 | FRA NTS |
|||||||||||||||||||
1971 | Elf Team Tyrrell | Tyrrell 001 | Cosworth V8 | RSA |
ESP |
MON |
NED |
FRA |
GBR |
ALE |
AUT |
ITA |
CAN |
USA Ret |
NC | 0 | ||||
1972 | Team Yardley McLaren | McLaren M19A | Cosworth V8 | ARX Ret |
RSA 3 |
ESP 5 |
MON |
BEL 7 |
FRA |
GBR 3 |
ALE |
5º | 23 | |||||||
McLaren M19C | AUT 3 |
ITA 4 |
CAN 2 |
USA 18 |
||||||||||||||||
1973 | Team Yardley McLaren | McLaren M19C | Cosworth V8 | ARX 8 |
BRA Ret |
RSA 2 |
5º | 38 | ||||||||||||
McLaren M23 | ESP 4 |
BEL Ret |
MON 5 |
SWE 7 |
FRA |
GBR 1 |
NED 4 |
ALE 9 |
AUT Ret |
ITA 3 |
CAN 1 |
USA 5 | ||||||||
1974 | UOP Shadow Racing Team | Shadow DN3 | Cosworth V8 | ARX Ret |
BRA Ret |
RSA |
ESP |
BEL |
MON |
SWE |
NED |
FRA |
GBR |
ALE |
AUT |
ITA |
CAN |
USA |
NC | 0 |
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
[editar | editar a fonte]Ano | Chasis | Motor | Inicio | Final |
---|---|---|---|---|
1969 | Brabham | Repco | 33º | 5º |
1970 | McLaren | Offy | 16º | 22º |
1971 | McLaren | Offy | 1º | 2º |
1972 | McLaren | Offy | 2º | 31º |
1973 | McLaren | Offy | 10º | 31º |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paid Notice: Deaths REVSON, JULIE PHELPS". The New York Times. February 9, 2000.
- ↑ 2,0 2,1 *Anonymous. October 1970. Peter Revson going places. Playboy Magazine. 179. Retrieved on February 15, 2012.
- ↑ "Trans-Am Racing 1968", AMX-perience, undated Arquivado 03 de outubro de 2008 en Wayback Machine., retrieved on 2008-09-06.
- ↑ Friedman, Dave (2001). Trans-Am: The Pony Car Wars 1966–1972. MotorBooks/MBI Publishing Company. chapter 3. ISBN 978-0-7603-0943-8.
- ↑ "1968 Sports Car Racing Results", SCCA Trans-Am Series Arquivado 07 de xullo de 2011 en Archive.is, retrieved on 2008-09-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peter Revson |