Pi (letra)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pi.
Pi é o nome da décimo sexta letra do alfabeto grego (πῖ); equivale ao /p/. Minúscula π, maiúscula Π. Adoita transcribirse como p. Provén da letra do alfabeto fenicio pe’.[1]
Outros usos
[editar | editar a fonte]A letra pi está relacionada con números en distintos eidos:
- Como signo numérico, de xeito análogo á xematría hebraica ou ao sistema romano de numeración, no sistema grego representaba o oitenta.[2]
- En maiúscula serve tamén para designar o décimo sexto canto da Ilíada de Homero e en minúscula o décimo sexto da Odisea.[3]
- En xeometría e outras ciencias, o símbolo π representa a constante matemática que define a relación entre a circunferencia e o seu diámetro, cuxo valor aproximado é 3,141592... Esta notación foi popularizada no século XVIII, aínda que o concepto e o cálculo do número pi datan de moitos séculos antes.[4]
Notas
- ↑ Woodard, Roger D. (2008-04-10). The Ancient Languages of Syria-Palestine and Arabia (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-1-139-46934-0.
- ↑ Thompson, Edward Maunde; Thompson, Edward Maunde (1912). An introduction to Greek and Latin palaeography (en English). Oxford : Clarendon Press.
- ↑ Kirk, G. S., ed. (1990). The Iliad: A Commentary: Volume 2: Books 5-8 2. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-23710-9.
- ↑ Howard Whitley Eves (1969). Holt, Rinehart & Winston, ed. An Introduction to the History of Mathematics.