Pilar Hidalgo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1979 (45 anos) Cee, España |
Actividade | |
Ocupación | triatleta |
Deporte | tríatlon |
Participou en | |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
Pilar Hidalgo Iglesias, nada en Cee o 3 de maio de 1979, é unha ex-triatleta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2000 conseguiu os seus primeiros podios na Copa do Mundo de Tríatlon, con dous bronces en Toquio[1] e en Cancún.[2] Na cidade mexicana proclamouse, amais, campioa do mundo de ácuatlon [3] Ese mesmo ano quedou segunda no campionato de Europa sub-23 en Irlanda e subcampioa de España.[4][5] Dous anos despois, converteuse en campioa do Mundial sub-23 de tríatlon.[6]
En 2003 conseguiu o bronce no Campionato Europeo de Tríatlon de Valencia[7] e proclamouse campioa de España de tríatlon. Sumou, ademais, dous novos bronces nos Mundiais de Madrid[8] e de Atenas.[9] O ano seguinte revalidou o título do campionato de España[6] e logrou a prata na proba da Copa do Mundo de Tríatlon en Hungría.[10]
Participou nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas e chegou á meta na posición 13ª,[11] cun tempo final de 2:07'37"34, lonxe das súas propias expectativas. Despois de Atenas obtivo outra prata na Copa do Mundo en Hamburgo.[12] Logo entrou nunha forte crise deportiva, acompañada dunha lesión que a mantivo case totalmente afastada da competición durante tres anos.
O 25 de marzo de 2007 regresou á alta competición na Copa do Mundo de Tríatlon de Mooloolaba (Australia), mais non conseguiu chegar á meta. O 6 de setembro de 2009, durante o Tríatlon de Puigcerdà, sufriu unha arritmia e o corazón púxoselle a 280 pulsacións por minuto.[6] Tivo que ser evacuada en helicóptero e ingresada na UCI.[13] Foille diagnosticada unha hipertrofia ventricular que a obrigou a deixar o deporte de maneira definitiva.[14]
En 2011 declarou que sufría bulimia nerviosa dende os 15 anos.[15]
Mellores resultados
[editar | editar a fonte]- Campioa do mundo de ácuatlon en Cancún, México (2000)
- Subcampioa de Europa de tríatlon sub-23 en Enniskillen, Irlanda (2000)
- Campioa do mundo de tríatlon sub23 (2002)
- Campioa de España (2003 e 2004) e subcampioa (2000 e 2002)
- Bronce no Campionato de Europa de Tríatlon de Valencia (2004)
Ácuatlon
[editar | editar a fonte]Campionato do mundo | ||||
---|---|---|---|---|
Lugar | Posto | Data | Marca | Medalla |
Cancún | 1 | 2000 | 32'38'' | Ouro |
Tríatlon
[editar | editar a fonte]Campionato do mundo | ||||
---|---|---|---|---|
Lugar | Posto | Data | Marca | Medalla |
Queenstown | 22 | 06.12.2003 | 2:11'27" | |
Madeira | 19 | 09.05.2004 | 1:55'48" | |
Vancouver | Non rematou | 08.06.2008 |
Copa do Mundo | ||||
---|---|---|---|---|
Lugar | Posto | Data | Marca | Medalla |
Toquio | 3 | 16.07.2000 | 2:03'31" | Bronce |
Tiszaujvaros | 5 | 06.08.2000 | 1:57'27" | |
Cancún | 3 | 5.11.2000 | 2:00'21" | Bronce |
Gamagori | 14 | 15.04.2001 | 2:02'17" | |
Ixigaqui | 10 | 22.04.2001 | 2:00'55" | |
San Petersburgo | 34 | 27.04.2002 | 2:12'12" | |
Tiszaujvaros | 15 | 28.07.2002 | 1:58'36" | |
Tiszaujvaros | 7 | 3.08.2003 | 1:58'14" | |
Madrid | 3 | 21.09.2003 | 1:59'48" | Bronce |
Madeira | 6 | 19.10.2003 | 2:02'23" | |
Atenas | 3 | 25.10.2003 | 2:7'13" | Bronce |
Geelong | 5 | 23.11.2003 | 2:09'36" | |
Tiszaujvaros | 2 | 1.08.2004 | 1:53'00" | Prata |
Hamburgo | 2 | 4.09.2004 | 1:58'59" | Prata |
Madrid | 11 | 19.09.2004 | 2:10'41" | |
Mazatlán | 24.04.2005 | non rematou | ||
Mooloolaba | 25.03.2007 | non rematou | ||
Ixigaqui | 15.04.2007 | non rematou | ||
Hamburgo | 11ª | 6.07.2008 | 2'02"38 | |
Kitzbühel | 21ª | 20.07.2008 | 2'03"31 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resultados de Toquio 2000". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Resultados de Cancún 2000". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Campionatos internacionais de tríatlon, dúatlon e ácuatlon". www.gbrathletics.com (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Palmarés Campionato de España de Tríatlon" (PDF). triatlon.org. Arquivado dende DE ESPAÑA DE TRIATLÓN.pdf o orixinal
|url=
incorrecto (Axuda) (PDF) o 16 de xullo de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2020. - ↑ "Resultados de Enniskillen 2000". tri.paul.italix.ch (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Pilar Hidalgo: "Simplemente quiero vivir"". 20 minutos (en castelán). 6 de outubro de 2009. Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Pilar Hidalgo, bronce en Madrid". As (en castelán). 21 de setembro de 2003. Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Resultados de Madrid 2003". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Resultados de Atenas 2003". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Resultados de Tiszaujvaros". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Ana Burgos, séptima en triatlón". El País (en castelán). 25 de agosto de 2004. Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Resultados de Hamburgo 2004". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Pilar Hidalgo, la triatleta olímpica retirada al dar 280 pulsaciones: "Aún no he olvidado el susto"" (en castelán). 3 de xullo de 2017. Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Pilar Hidalgo deja el deporte por una dolencia que casi le cuesta la vida". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xaneiro de 2010. Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Pilar Hidalgo: «Ingresé al ver que podía perder a mi pareja y mi vida»". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xuño de 2011. Consultado o 21 de xuño de 2019.
Ver tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Hidalgo Iglesias, Pilar". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.