Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Planificación familiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un centro de planificación familiar na cidade de Kuala Terenganu en Malaisia.

A planificación familiar refírese habitualmente ó conxunto de prácticas que ó ser utilizadas por unha muller, un home ou unha parella de potenciais proxenitores orientadas basicamente ó control da reprodución mediante o uso de métodos anticonceptivos na práctica de relacións sexuais.

O control ou planificación familiar pode ter como obxectivo procrear ou non descendentes e, no seu caso, decidir sobre o número de fillos, o momento e as circunstancias sociais, económicas e persoais nas que se desexa telos.[1]

Tamén se inclúe dentro da planificación familiar a educación da sexualidade, a prevención e tratamento das infeccións de transmisión sexual, o asesoramento antes da fecundación, durante o embarazo e o parto, así como o tratamento da infertilidade, mediante técnicas de reprodución asistida como a fecundación in vitro.[2][3]

Servizos de planificación familiar

[editar | editar a fonte]

Os servizos de planificación defínense como o conxunto de prestacións ofrecidas por profesionais sanitarios especializados que inclúen actividades e prácticas educativas, preventivas, médicas e sociais que permiten ós individuos, incluídos menores, determinar libremente o número dos seus fillos e seleccionar o medio máis adecuado ás súas circunstancias.[4]

A planificación utilízase ás veces como un sinónimo de control da natalidade. Neste sentido os servizos médicos de planificación familiar facilitan información sobre os distintos métodos anticonceptivos e ofrecen asistencia médica especializada para conseguir espazar os embarazos desexados así como para evitar os embarazos non desexados. Neste sentido a planificación familiar consiste na utilización de diferentes métodos para controlar o número e a cronoloxía dos embarazos.

  1. "Mission Statement". US Dept. of Health and Human Services, Office of Population Affairs. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 04 de maio de 2018. 
  2. "What services do family planning clinics provide? - Health Questions - NHS Direct". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2014. Consultado o 04 de maio de 2018. 
  3. Family planning - WHO
  4. US Dept. of Health, Administration for children and families