Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

PlayStation 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PlayStation 4
Fabricante

Sony Computer Entertainment

Tipo

Videoconsola de sobremesa

Xeración

Oitava xeración

Lanzamento
  • NA 15 de novembro de 2013[1][2]
  • EU 29 de novembro de 2013[1]
  • AUS 29 de novembro de 2013[1]
  • JP 22 de febreiro de 2014[2]
  • SA 29 de novembro de 2013[1]
CPU

AMD x86-64 Jaguar a 1,6 GHz (8 núcleos)

GPU

AMD Radeon personalizada 1152 shaders @ 800 MHz (1,84 TFLOP/s)

Soporte

DVD Blu-Ray / Blu-Ray 3D[3]

Almacenamento

HDD 1 TB Ultimate Player / 500 GB Normal e Glacier White (reemplazable)

Formato de imaxe 1080p / 4K (reescalado)
Controis

DualShock 4 PlayStation

MovePlayStation Vita

Conectividade

WiFi 802.11 b/g/n Bluetooth 2.1 USB 3.0 Ethernet 10/100/1000

Servizo en liña

PlayStation Network, PlayStation Plus e PlayStation Now

Prezo de lanzamento

399 $

Unidades vendidas

44 550 000 (10 de setembro de 2016[4])

Videoxogo máis vendido

Call of Duty: Black Ops 3 13 700 000 copias (16 de xullo de 2016[5])

Retrocompatibilidade

(PlayStation, PlayStation 2 e PlayStation 3 vía nube)

Predecesor

PlayStation 3

Sitio web

Sitio Oficial

PlayStation 4 (プレイステーション4 Pureisutēshon Fō?, oficialmente abreviada como PS4) É a cuarta videoconsola do modelo PlayStation.[6] Forma parte das videoconsolas de oitava xeración. Foi anunciada oficialmente o 20 de febreiro de 2013 no evento PlayStation Meeting 2013, aínda que o deseño da consola non foi presentado ata o 10 de xuño no E3 2013.[7][8] É a sucesora da PlayStation 3 e actualmente compite coa Xbox One de Microsoft e a Wii U de Nintendo. O seu lanzamento foi o 15 de novembro de 2013 en Estados Unidos e en Europa e Latinoamérica foi o 29 de novembro de 2013, mentres que no Xapón foi o 22 de febreiro de 2014.[2][7][9]

Afastándose da complexa arquitectura utilizada no procesador Cell da videoconsola PlayStation 3, a PlayStation 4 conta cun procesador AMD de 8 núcleos baixo a arquitectura x86-64. Estas instrucións x86-64 están deseñadas para facer máis fácil o desenvolvemento de videoxogos na consola de nova xeración, que atrae a un maior número de desenvolvedores. Estes cambios poñen de manifesto o esforzo de Sony para mellorar as leccións apresas durante o desenvolvemento, a produción e o lanzamento do PS3. Outras características de hardware notables do PS4 é que inclúen 8 GB de memoria unificada GDDR5, unha unidade de disco Blu-ray Disc máis rápido, e os chips personalizados dedicados a tarefas de procesamento de son, vídeo e de fondo.

Entre as novas aplicacións e servizos, Sony lanzou a aplicación PlayStation App, permitindo aos que teñan un PS4 converter os teléfonos intelixentes e as tabletas nunha segunda pantalla para mellorar a xogabilidade ou en teclados externos para máis comodidade no momento de escribir. A compañía tamén planeaba debutar con Gaikai, un servizo de xogo baseado na nube que aloxa contidos e xogos descargables. Mediante a incorporación do botón "Share" no novo controlador fai que sexa posible compartir en calquera momento capturas de pantalla, trofeos, compras ou vídeos en páxinas como Facebook, Twitter e facer stream do que se xogue e ver o doutros amigos en directo desde Ustream ou Twitch, Sony planeou colocar máis énfase no xogo social. A consola PS4 o primeiro día do seu lanzamento vendeu máis de 1 millón de consolas só en territorio dos Estados Unidos.[10] Ao comezo da súa conferencia de prensa na Gamescom 2014, Sony anunciou que xa vendera máis de 10 000 000 unidades da PlayStation 4 no mundo a usuarios finais. Está deseñada para a ampla integración con Playstation Vita.[11]

O Firmware actual da consola é o 5.02, onde se mellorou a calidade do rendemento do sistema.[12]

A mediados de 2016, Sony anunciou a nova PlayStation 4 Slim e Pro.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.