Polyaigos
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | |||
Periferias | Exeo Meridional | |||
Unidades periféricas | Milos (pt) | |||
Concello | Kimolos Municipality (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2 (2011) (0,11 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 18,15 km² | |||
Medición | 4,2 () × 6 () km | |||
Bañado por | Mar Exeo | |||
Altitude | 370 m | |||
Polýaigos (grego: Πολύαιγος) é unha illa grega das Cícladas preto de Milos e Kímolos. É parte da comunidade de Kimolos (Κοινότητα Κιμώλου). O seu nome significa "cabras", xa que está habitada só polas cabras.
Ao longo do seu eixo máis longo, ten 6 km e o máis curto 4,3 km de ancho. Ten unha superficie de aproximadamente 18 km² e unha lonxitude costeira de 22–27 km. Atópase moi preto da illa de Kimolos (2 km ao noroeste de Polyaigos) e a illa de Milos (6,2 km ao oeste de Polyaigos). Hai dous montes, Stroggylo que se eleva a 330 m e Psilo Vouno de 370 m.
A illa é en gran medida, de propiedade da igrexa ortodoxa grega, que a subarrenda partes dela aos pastores locais das próximas illas de Milos e Kimolos.
A súa poboación de cabras mantén Polyaigos como unha illa deserta. Ten, con todo, algunhas magníficas praias, principalmente na parte sur da illa, así como moitas covas de superficie, que serven de refuxio a unha poboación cada vez menor de foca monxe do Mediterráneo (Monachus monachus).
Censo | 1940 | 1951 | 1961 | 1971 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Habitantes | 10 | 14 | 6 | 4 | 1 | - | 0 | 2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bevölkerungsentwicklung von Polyegos 1940–2011, Griechisches Statistisches Amt ELSTAT, Digitale Bibliothek Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine. (en grego)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Polyaigos |