Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Portishead

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portishead
Portishead, 2013
OrixeBristol, Inglaterra Inglaterra
Período1991 - presente
Xénero(s)trip hop, rock experimental, electrónica, rock alternativo, downtempo
Selo(s) discográfico(s)Go!, London, Island / Mercury
MembrosBeth Gibbons
Geoff Barrow
Adrian Utley
Dave McDonald
Na rede
http://www.portishead.co.uk/
IMDB: nm1011954 Facebook: portishead Twitter: Portisheadinfo MySpace: portisheadalbum3 Youtube: UC243a5RnwmItLvwhl0YOxbg Souncloud: portishead-official Spotify: 6liAMWkVf5LH7YR9yfFy1Y iTunes: 853090 Last fm: Portishead Musicbrainz: 8f6bd1e4-fbe1-4f50-aa9b-94c450ec0f11 Songkick: 386616 Discogs: 2774 Allmusic: mn0000301619 Deezer: 1069 Genius: Portishead Editar o valor en Wikidata

Portishead é un grupo musical inglés de trip hop, formado en Bristol en 1991.

A banda foi formada en 1991 polo teclista Geoff Barrow e a cantante Beth Gibbons que tomaron o nome da localidade natal de Barrow, situada a 15 km ao oeste de Bristol. Barrow traballara anteriormente con outras dúas bandas de trip hop de Bristol, Massive Attack e Tricky.

Despois de estrear a curtametraxe To Kill a Dead Man, Portishead asinou un contrato coa discográfica Go! Beat que editou o seu primeiro álbum Dummy en 1994, coa colaboración do guitarrista Adrian Utley. A pesar da nula campaña de publicidade da banda, o álbum foi un éxito en Estados Unidos e Europa, os sinxelos "Glory Box" e "Sour Times" alcanzaron a cabeza das listas de éxitos.

O seu segundo álbum Portishead, saíu á venda en 1997 e incluíu o sinxelo "All Mine". Amais, gravaron un concerto con acompañamento de orquestra en Roseland, Nova York, onde foron interpretadas as súas cancións máis famosas. Este, saíu á venda en 1998 cun DVD do concerto. En 1999 colaboraron con Tom Jones nunha canción do seu álbum Reload.

Portishead e outros grupos de trip hop non están conformes con este termo, argumentando que é só unha invención dos medios para catalogar a súa música inclasificábel.

O 24 de xaneiro de 2008 Portishead anunciou a saída dun novo disco, titulado Third, programado para o 14 de abril do mesmo ano.

No ano 2019 anuncian novo disco para o 2020. Ademais Barrow colabora con Netflix na serie "Black Mirror" e Beth Gibbons con Krzysztof Penderecki e a Orquestra Sinfónica da Radio Nacional de Polonia [1][2][3].

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Portishead podría lanzar nuevo disco en 2020". Tónica (en castelán). Consultado o 2020-01-09. 
  2. "Beth Gibbons de Portishead lanzará nuevo disco". Tónica (en castelán). Consultado o 2020-01-09. 
  3. "De nuevo 11 años sin disco de Portishead… y casi nadie pregunta ya por qué". jenesaispop.com (en castelán). 2019-01-30. Consultado o 2020-01-09.