Prato principal
O prato principal dunha comida, adoita representar o principal alimento, que polo seu tamaño ou relevancia, é servido a parte. Por regra xeral, adoita servirse logo dos entremeses (entrée) ou ensaladas.[1] O prato principal dun menú adoita consistir no máis contundente, o máis complexo ou elaborado, o máis saboroso. Adoita estar composto de carne, peixe e nalgunhas ocasións de verdura. Os pratos precedentes adoitan ser de menor tamaño e importancia, por regra xeral está composto de sopas, ensaladas e/ou aperitivos diversos.
Características
[editar | editar a fonte]No deseño do menú, o prato principal adoita ocupar na secuencia de pratos servidos unha posición de clímax, en tal deseño os pratos precedentes adoitan ter características que 'reforzan' a aparición en escena do prato principal. Dende un punto de vista fisiolóxico, os pratos precedentes adoitan ter a misión de acougar o apetito e relaxar o ambiente co obxecto de mostrar o prato principal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Julia Child, Louisette Bertholle, Simon Beck, (Julia Child, Louisette Bertholle, Simon Beck, Mastering the Art of French Cooking, 1967), «Mastering the Art of French Cooking»,
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vergé, Roger (1996). Weidenfeld & Nicolson, ed. The Main Course. ISBN 0-297-83638-2. Consultado o 25 de maio de 2017.