Queixo edam
Aparencia
O queixo edam (en neerlandés: Edammer kaas) é un queixo semiduro orixinario dos Países Baixos, e que recibe o seu nome pola vila de Edam na provincia de Holanda Setentrional.[1] O queixo edam véndese tradicionalmente en formato cilíndrico, cun interior de cor amarela pálida e unha envoltura de cera de parafina vermella. Este queixo avellenta e viaxa sen estragarse, xa que que só se pon máis duro. Esta cualidade (entre outras) converteuno no queixo máis popular do mundo entre os séculos XIV e XVIII, tanto no mar como nas colonias máis remotas.[2][3] O principal produtor de queixo edam é a compañía FrieslandCampina de Marum, nos Países Baixos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Official Edam Town website Tourist information. Consultado o 11 de abril de 2007
- ↑ Miller, Laurel; Skinner, Thalassa; Tsai, Ming (2012). Culture Magazine, John Wiley & Sons, ed. Cheese For Dummies. pp. 209, 210. ISBN 9781118099391. Consultado o 6 de marzo de 2013.
- ↑ History of Edam Cheese Arquivado 26 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Edam.com. Consultado o 11 de abril de 2007
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Queixo edam |