Río Irtysh
Tipo | rio internacional (pt) río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Asia | |||
País da cunca | Rusia | |||
División administrativa | Khantia-Mansia, Rusia (pt) | |||
Localización | Mongolian Altai (en) | |||
Final | ||||
División administrativa | Khantia-Mansia, Rusia (pt) | |||
Localización | Khanty-Mansiysk (pt) | |||
Desembocadura | Río Obi | |||
| ||||
Afluentes | 98 | |||
Conca hidrográfica | Irtysh basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 4.248 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.643.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 3.000 m³/s | |||
O río Irtysh (en ruso: 'Иртыш'; en casaco: 'Ертіс'; en tártaro İrteş / Иртеш) é un río da Asia Central, o maior afluente do río Obi. O seu nome significa Río Branco. Na verdade o Irtysh é mais longo que o río Ob, se se considera só a distancia dende o nacemento ata a confluencia. O principal afluente do Irtysh é o río Tobol. Os ríos Obi e Irtysh forman unha das maiores bacías hidrográficas de Asia, que conta con gran parte da Siberia Occidental e dos Montes Altai.[1]
Case todo o río é navegábel entre abril e outubro, cando a superficie non se atopa conxelada e polo río navegan barcos de pasaxeiros e de carga. A cidade de Omsk posúe o maior porto fluvial da Siberia Occidental. As importantes centrais hidroeléctricas en Öskemen (1952) e en Bakhtarminsk (1959), preto da fronteira entre Casaquistán e a China, empregan as augas do Irtysh.
O río alimenta o canal Irtysh-Karaganda que irriga as áridas estepas do Kazakhstán.
Historia
[editar | editar a fonte]Varios pobos mongois e turcos ocuparon as ribeiras do río durante séculos. Nos séculos XV e XVI, os cursos medio e baixo do Irtysh estaban dentro do kanato tártaro de Sibir, conquistado polos rusos na década de 1580. No século XVII, o kanato de Zungaria, formado polo pobo mongol dos oirat, converteuse no estado veciño do sur de Rusia, e controlou a parte alta do Irtysh. Mentres tanto, fundáronse as cidades rusas de Omsk (1716), Semipalatinsk (1718), Ust-Kamenogorsk (1720) e Petropavlovsk (1752).
O Imperio Qing conquistou o estado de Zungaria na década de 1750. A fronteira entre o Imperio Ruso e os Qing (actual fronteira entre Rusia e Casaquistán no norte e entre Mongolia e a China no sur) estableceuse no século XIX.
Referencia cultural
[editar | editar a fonte]O río Irtysh serve de fondo ao epílogo da novela de 1866 de Fiódor Dostoievski Crime e castigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Abramof, A. (1865). The lake Nor-Zaysan and its neighborhood. Journal of the Royal Geographical Society of London 35. traducido por John Michell. pp. 58–69. JSTOR 3698078. doi:10.2307/3698078.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Irtysh |