Rasha
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) Sudán |
Actividade | |
Ocupación | cantautora |
Período de actividade | 1997 - |
Rasha, nada en Ondurmán, preto de Khartún, en 1971, é unha cantante e percusionista sudanesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertence a unha familia moi numerosa na que a maior parte dos seus membros son artistas: músicos, pintores, actores... Unha das súas irmás[quen?] é unha das poucas mulleres que tocan o laúde no Sudán.
Rasha traballou no Sudán na radio, na televisión e no teatro, pero sempre con carácter semiprofesional. Fuxindo da guerra civil instalouse en España, e a partir de xuño de 1991 comeza a facer traballos como profesional con diferentes grupos e co seu irmán Wafir, integrante de Radio Tarifa, gravando en solitario o seu disco Sudaniyat. Con este álbum obtivo un grande éxito de crítica e foi valorado como un dos dez mellores títulos anuais no seu estilo.
En 1997 participa na gravación de La sal de la vida[1], un disco coa participación de María Salgado, Uxía Senlle e Xesús Pimentel.
En 1998 tocou para as Nacións Unidas durante a celebración do Día da muller.
No 2000 colaborou no álbum de Mastretta Luna de miel.
Discografía
[editar | editar a fonte]- 1997: La sal de la vida, a canda María Salgado, Uxía e Xesús Pimentel.
- 1997: Sudaniyat
- 1996: Salamat Khartoum, co grupo Kambala.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La sal de la vida". www.mariasalgado.com. Consultado o 2019-05-24.