Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Realismo sucio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Realismo sucio («Dirty realism») foi un movemento literario estadounidense xurdido nos anos 1970-80 que, en termos xerais, pretendía reducir a narración (especialmente o relato curto) ós seus elementos fundamentais.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha derivación do minimalismo que ten características propias. Ó igual que aquel, o realismo sucio caracterízase pola súa tendencia á sobriedade, a precisión e unha frugalidade extrema no uso das palabras en todo o que se refira á descrición. Os obxectos, os personaxes, as situacións... deben acharse caracterizados do xeito máis conciso e superficial posible. O uso do adverbio e a adxectivación redúcense ó máximo, dado que estes autores prefiren que sexa o contexto o que suxira o sentido profundo da obra.

En canto ós personaxes típicos, sempre tenden a retratarse seres vulgares e correntes que levan vidas convencionais, na liña dun dos grandes referentes do movemento, o contacontos O. Henry. Outra influencia importante na corrente é a do narrador norteamericano J. D. Salinger, así como John Fante.

Son representantes destacados do realismo sucio os narradores estadounidenses Charles Bukowski (1920-1994), Raymond Carver (1938-1988), Frederick Barthelme (1943-), Richard Ford (1944-) e Tobias Wolff (1945-). Así mesmo adóitase adscribir nesta corrente ó cubano Pedro Juan Gutiérrez (1950-).