Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Retrato robot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato robot do santo Paulo de Tarso elaborado pola Landeskriminalamt alemá.

Un retrato robot é unha reconstrución plástica dunha persoa da que se carecen imaxes fidedignas. O retrato robot realízase a través da descrición de alguén que a coñece. Utilízase habitualmente para investigacións policiais, co fin de poder identificar a delincuentes ou a persoas desaparecidas.

Uso policial

[editar | editar a fonte]

Este recurso comezouse a utilizar na década de 1950. A policía valíase de retratistas expertos que debuxaban os trazos destas persoas a partir de testemuños orais. Posteriormente a Smith & Wesson, a maior empresa de armas de fogo dos Estados Unidos elaborou o seu sistema consistente nunha serie de case dúas mil follas de triacetato de celulosa que se proxectaban sobre unha lousa luminosa. Dispúñase dun repertorio exhaustivo de cada trazo facial (nariz, ollos, beizos, queixo, fronte, cabelos, ollos) e de posibles elementos complementarios (lentes, barba, bigotes, cicatrices) que se sobrepuñan nunha folla ata a reconstrución aproximada do rostro da persoa que se desexaba identificar. Actualmente existen programas informáticos que facilitan este labor.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]