Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Richard Réti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Réti

Richard Réti
Biografía
Nacemento28 de maio de 1889
Pezinok Eslovaquia Eslovaquia
Morte6 de xuño de 1929
Praga República Checa República Checa
Causa da morteEscarlatina Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOld Jewish Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeChecoslovaca Checoslovaquia
EducaciónUniversidade de Viena - matemáticas (1907–1912) Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónXogador de xadrez
Nacionalidade deportivaChecoslovaquia
Imperio Austrohúngaro Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Participou en
1927Olimpíada de xadrez de 1927 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
IrmánsRudolph Réti Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX945280


Richard Réti, nado en Pezinok (Eslovaquia, daquela Hungría) o 28 de maio de 1889 e finado en Praga o 6 de xuño de 1929, foi un xogador de xadrez checoslovaco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha acomodada familia xudía húngara, pero el considerábase vienés. Foi un dos máis grandes xogadores do mundo durante os anos de 1910 e os anos de 1920. Réti comezou a súa carreira como xogador clásico ferozmente combinativo, favorecendo aperturas tales como o Gambito de rei (1. e4 e5 2. f4). Con todo despois do final da primeira Guerra Mundial, o seu estilo experimentou un cambio radical, e converteuse nun dos autores principais do hipermodernismo, xunto con Aron Nimzowitsch e outros. De feito, coa excepción notable do aclamado libro de Nimzowitsch Mein System, é considerado como o maior contribuínte literario do movemento. Os seus escritos son considerados como clásicos no mundo do xadrez: Die neuen Ideen im Schachspiel (1922) e Die Meister des Schachbretts (1930) aínda se estudan hoxe en día.

A Apertura Réti (1. ♘f3 d5 2. c4), coa cal derrotou ao entón campión do mundo José Raúl Capablanca en Nova York en 1924 é nomeada na súa honra. Tartakower denominou a esta apertura como "a apertura dolos porvir".

Era tamén un compositor notable na parte final do xogo. En 1925 Réti logrou a marca mundial para a variedade de xadrez ás cegas con 29 xogos simultáneos. Incriblemente, gañou vinte e un destes, empatou seis e perdeu soamente dous.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Die neuen Ideen im Schachspiel (1922)
  • Die Meister des Schachbretts (1930)