Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Ricky Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicky Martin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Enrique José Martín Morales Editar o valor en Wikidata
24 de decembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
San Xoán (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, modelo, actor de televisión, compositor, actor de teatro, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Menudo (1984–1989) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop, pop rock, pop latino, R&B contemporáneo, pop dance, Reggae, Reggaeton e música de América Latina Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioRicky Martin Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSony Music
Columbia Records
Sony Music Entertainment Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJwan Yosef (2017–2023), divorcio Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webrickymartinmusic.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0005193 Allocine: 35376 Rottentomatoes: celebrity/ricky_martin_2 Allmovie: p284838 IBDB: 79484
Facebook: RickyMartinOfficialPage Twitter: ricky_martin Instagram: ricky_martin MySpace: rickymartin Youtube: UCGkkG-VYVXenlhVIqjH-9oA Pinterest: rickymartinoffi TikTok: ricky__martin BNE: XX1287676 Spotify: 7slfeZO9LsJbWgpkIoXBUJ iTunes: 217142 Last fm: Ricky+Martin Musicbrainz: 70ea63ea-70dc-4b63-951a-2c249d2b3b0a Songkick: 84326 Discogs: 56978 Allmusic: mn0000359026 WikiTree: Morales-251 Deezer: 2789 Genius: Ricky-martin Editar o valor en Wikidata
Ricky Martin en 2013

Enrique Martín Morales, máis coñecido polo seu nome artístico Ricky Martin, nado en San Juan o 24 de decembro de 1971, é un cantante, compositor, actor e escritor portorriqueño. Iniciou a súa carreira musical a mediados da década de 1980, como vocalista dun grupo xuvenil chamado Menudo.

A partir de 1991 estableceuse como solista. Lanzou nove álbums de estudio, tres recompilacións e máis de cincuenta sinxelos en castelán e inglés. Vendeu 60 millóns de álbums como solista. O seu álbum máis vendido é o que lanzou en 1999, titulado Ricky Martin.

Entre as súas cancións máis recoñecidas atópanse «Adeus», «Come with Me», «Disparo al corazón», «Fuego contra fuego», «Fuego de noche, nieve de día», «Jaleo», «La copa de la vida» (canción oficial do Mundial de Fútbol de 1998), «La Mordidita», «Livin' la vida loca», «María», «Más», «Nada es imposible», «Por arriba, por abajo», «She Bangs», «Tal vez», «Volverás» e «Vuelve!».

Ao longo da súa carreira recibiu premios como dous Grammy, cinco Latin Grammys, tres Billboard, oito Billboard Latin Music Awards, oito MTVs, oito World Music Awards e dous American Music Awards.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O 29 de marzo de 2010 Martin fixo pública a súa homosexualidade a través de Twitter, ao manter unha relación amorosa co chileno Cristóbal Olivos, enlazando a unha misiva reproducida na súa páxina web oficial.[1] Ademais, Ricky Martin ten dous fillos xemelgos, Valentino e Matteo, os cales foron concibidos mediante xestación subrogada.[2] Desde que fixo pública a súa homosexualidade, Martin recibiu críticas por parte da igrexa; o cardeal portorriqueño Luís Aponte Martínez pediu ao cantante que promova os "valores tradicionais e non só o sexo".[3]

O 4 de novembro de 2011, o goberno de España, presidido por José Luis Rodríguez Zapatero, concédelle a nacionalidade española, con base a que ten familiares españois e un domicilio en Madrid. Segundo recoñeceu o cantante, coa cidadanía pretendía casar en España para recoñecer o traballo do goberno de Zapatero en defensa dos dereitos dos homosexuais.[4][5]

No Nadal de 2013 rematou a relación co seu mozo Carlos González Abella, segundo confirmou a representante do artista Helga García ao xornal de Porto Rico El Nuevo Día.[6] A súa relación con González Abella foi determinante para que Martin saíse do armario en 2010, segundo declaracións do propio artista.[7] A nova da ruptura tivo eco inmediato na prensa internacional.

Dende 2016, mantén unha relación con Jwan Yosef, un artista de orixe siria. Os rumores sobre o romance xestáronse a principio de ano cando foron captados polos paparazzis camiñando xuntos por Nova York e máis tarde, no mes de abril, foron vistos de vacacións no Xapón. Finalmente, Martin oficializou publicamente a súa relación con Yosef o 16 de abril de 2016 ao colgar na rede social Instagram unha postal de ambos os dous collidos da man nun evento benéfico no Brasil, foto que acompañou cunha breve pero expresiva mensaxe: "Yup." ("Si" en inglés).

Martin desde o ano 2013 é vexetariano declarando «Levo sete semanas cunha alimentación completamente vexetariana, e síntome incríbel. Sen peixe, sen carne vermella e sen polo», e practica ioga para manter unha vida saudábel. Martin é zurdo.[8][9]

Lenda urbana

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1999 difundiuse un engano sobre Ricky Martin e o programa Sorpresa, sorpresa presentado por Concha Velázquez. A lenda urbana, extraordinariamente propagada, afirmaba que Martin participara nunha "sorpresa" emitida en directo en que unha fan adolescente do cantante fora pillada in fraganti mentres un can lambía as súas partes untadas cunha crema doce. O suposto feito foi denunciado por Prodeni, unha asociación de dereitos da infancia, que tivera un rol como acusación particular no caso Arny.[10] En 2023, Mamen Mendizábal fixo un programa emitido en LaSexta sobre esta lenda urbana, chamada de "loucura colectiva" e "histeria colectiva".[11] Comprobouse que historias similares foron propagados noutras partes do mundo, como o Xapón e os Estados Unidos.