Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Rico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rico

Rico. Galleta de tona.
Tipo Doce
Orixe Melide, Galicia Galicia
Gastronomía Gastronomía de Galicia
Ingredientes
Orixe animal Manteiga
Ovo alimento
Orixe vexetal Azucre
Limón
Fariña

O rico é unha galleta de tona exclusiva da repostaría de Melide.[1] A festa gastronómica da festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide festéxase co rico como un dos produtos a degustar.

Ingredientes

[editar | editar a fonte]

Cunha receita a base de fariña, azucre, manteiga, limón, anís e ovos, será despois cada reposteiro o que lle acabará dando o seu toque persoal con outros ingredientes, como a améndoa.[2]

Orixes e tradicións

[editar | editar a fonte]

Os ricos son os doces autóctonos de Melide. Orixinalmente feitos nos domicilios privados polo san Roque, en Melide cócese en dozarías tendo a principal diferenza na receita no engado ou non de améndoa sobre a manteiga.

Faise tamén en Portugal un doce amasado con fariña de millo, ovos e canela, empregando a máquina coa forma estrelada que se estende en voltas ou lazos, presenta a forma espiñada dos ricos, pero atópase un sabor diferente proveniente da masa de millo areosa.[3]

  1. Los “ricos”, un dulce en extinción?, Paladar, 22 de agosto de 2006 (en castelán).
  2. "Os “ricos” de Melide". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2018. Consultado o 27 de abril de 2018. 
  3. Broz Rei, Xose Manuel; Coi Vazquez, Socorro (2017). A Repostaría de Melide. Asociación de Repostaría Tradicional Melide Terra Doce. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]