Roberto de Tarento
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1318 (Gregoriano) |
Morte | 10 de setembro de 1364 (Gregoriano) (45/46 anos) Nápoles, Italia |
Lugar de sepultura | San Giorgio Maggiore (pt) |
Conde palatino de Cefalonia e Zante | |
Príncipe de Acaia | |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | House of Anjou-Taranto (en) |
Cónxuxe | Marie de Bourbon, Princess of Achaea |
Pais | Filipe I de Tarento e Catarina de Valois-Courtenay |
Irmáns | Joan of Anjou, Queen of Armenia Margaret of Taranto Filipe Louis, Prince of Taranto Filipe II de Tarento |
Roberto de Tarento, nado en 1319 e finado o 10 de outubro de 1364, membro da Casa de Anjou, foi príncipe de Tarento (1332-1346), rei de Albania (1332-1364), príncipe de Acaia (1333-1346), conde de Cefalonia e Zante (1336-1357) e emperador titular de Constantinopla (como Roberto II, 1343/1346-1364).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o fillo máis vello sobrevivente do príncipe Filipe I de Tarento e da emperatriz Catarina II de Valois. Os seus avós paternos eran o rei Carlos II de Nápoles e María de Hungría. Os seus avós maternos eran o conde Carlos de Valois e a súa segunda esposa, a emperatriz Catarina de Courtenay.
En 1332, como resultado dun intercambio co seu tío Xoán de Gravina, Roberto converteuse en príncipe de Acaia. Debido á súa mocidade, a autoridade foi exercida eficazmente pola súa nai Catarina de Valois até a súa morte en 1346. Nese momento Roberto herdou o trono do Imperio latino, e foi recoñecido como emperador polos estados latinos de Grecia. O seu poder real, tal como era, mantívose sobre a base da súa autoridade como príncipe de Acaia. En Nápoles, o 9 de setembro de 1347 casou con María de Borbón (1315-1387), a filla de Lois I de Borbón, pero o matrimonio non tivo fillos. Cando morreu o 10 de outubro de 1364, a súa viúva tratou de manter o principado para ela e o seu fillo do seu matrimonio anterior. Porén, o irmán máis novo de Roberto Filipe II de Tarento sucedeuno como herdeiro lexítimo. Roberto morreu en Nápoles e foi enterrado alí.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McKitterick, Rosamond; Jones, Michael (1995). The New Cambridge Medieval History: c. 1300-c. 1415. ISBN 0521362903.