Rotonda
Unha rotonda[1] ou glorieta[2] é un tipo de cruzamento de vías que, mediante un anel de circulación circular e unha regulación axeitada das prioridades de paso, permite un fluxo fluído do tráfico.
En Galicia o sinalizado dunha rotonda está regulado pola Instrucción de Carreteras Norma 8.1 .[3]
Seguridade
[editar | editar a fonte]P-4. Sinal que indica perigo pola proximidade dunha intersección con circulación xiratoria | R-402. Sinal que indica o sentido de xiro dunha intersección de sentido xiratorio obrigatorio | Diagrama mostrando os puntos onde poderían suceder accidentes ou choques nunha rotonda (esquerda) e nunha intersección convencional (dereita). |
Unha rotonda consiste nunha nunha vía circular á que se unen varias vías e sobre a que son de aplicación dúas sinxelas regras:
- O sentido de xiro no anel ou vía circular nos países onde se conduce polo lado dereito é cara a esquerda ou antihorario.
- Teñen a prioridade aqueles vehículos que xa están a circular dentro da rotonda (prioridade á esquerda se a norma obriga circular pola dereita y viceversa), ao contrario dos cruces normais.
Vantaxes
[editar | editar a fonte]Unha rotonda obriga a controlar a velocidade dos vehículos que a atravesen, xa que o radio da mesma obrígaos a non superar certa velocidade (para non envorcar), e con tráfico baixo o medio reduce os retardos para atravesala ao evitar as detencións en semáforos.
Desvantaxes
[editar | editar a fonte]En vías de dous ou máis carrís, o sistema presenta complicacións polo cruzamento de vehículos ao incorporarse ou abandonar a rotonda debido á falta de pericia de algúns condutores, especialmente cando o condutor non usa os intermitentes. Para evitar estes problemas e aumentar a capacidade da rotonda, nos Países Baixos desenvolveuse a turborrotonda.
En vías con tráfico denso ou moitas rotondas concatenadas, as continuas manobras de incorporación e abandono da rotonda, xunto co cambio e vixilancia da velocidade, causan cansazo no condutor e supóñenlle un estrés adicional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rotonda.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para glorieta.
- ↑ "Señalización vertical Instrucción de Carreteras Norma 8.1-IC" (PDF). Ministerio de Fomento. pp. 187 a 191. Consultado o 8 de agosto de 2024.