Rugby Club Valencia
Nome | Club Rugby València | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1966 | ||
Sede | Valencia (España) | ||
Estadio(s) | Polideportivo de Quatre Carreres | ||
Presidente | Eduardo González | ||
Adestrador | Pablo Lammertyn | ||
Liga(s) | División de Honra B de Rugby | ||
2023-24 | 2º | ||
| |||
Na rede | |||
https://www.valenciarugby.com/ | |||
O RC Valencia (tamén coñecido como Valencia Rugby) é un equipo de rugby español da cidade de Valencia. Actualmente o club compite no División de Honra B de Rugby, segunda categoría do rugby español.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en maio de 1966 por un grupo de xogadores xoves que querían ver un equipo da cidade de Valencia xogando nas ligas nacionais. Houbo problemas para conseguir un campo, e o club xogou nun campo de fútbol en Picanya e, ás veces á beira do río polo centro de formación de profesores nos primeiros anos. Logo dun tempo conseguiron adquirir o seu propio terreo de xogo, o Campo de la Pechina (Campo de El colgante), o primeiro campo de rugby da cidade. A tempada seguinte comezou a competir un equipo de mozos que rematou gañando o campionato rexional.
O equipo sénior chegou ás ligas nacionais por primeira vez na tempada 1973-74 e conseguiu ascender á División de Honra natempada 1976-77, gañando o campionato na tempada 1982-83.
Na tempada 1983-84 disputou a final da Copa Ibérica, perdendo fronte ao campión da Liga Portuguesa, o Centro Desportivo Universitario de Lisboa por 13-3 en Valencia. En 1990 o club conseguiu o seu primeiro patrocinador, Tecnidex, unha empresa provedora de produtos químicos, e desinfectantes con fins agrícolas.
Na tempada 2010-11 o equipo competiu no Grupo C da Primeira División Nacional (terceira categoría do rugby nacional) acadando a sétima posición na clasificación final, con catro vitorias e dez derrotas.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Posición do Valencia RC nas competicións nacionais dende o ano 1970, cando se creou a liga
Categoría | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 10 | 7 | 12 | 9 | 9 | 8 | 11 | 11 | 8 | 6 | 9 | 5 | 3 | 8 | 6 | 6 | 1 | x | 3 | 3 | x | 6 | |||||||||||||||||||||
Div.HonraB | 8 | 6 | 3 | 1 | 8 | 4 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 7 | 8 | 8 | 1 | 1 | 2 | 1 | 2 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Copa | 2 | 2 |
A División de Honra comezou a disputarse en 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.
- División de Honra
- División de Honra B
- Primeira División Nacional
- Liga Rexional Valenciana