Ruta fecal-oral
Aparencia
A ruta fecal-oral ou vía feca-oral (ou orofecal) é unha ruta de transmisión de enfermidades infecciosas nas que un patóxeno procedente das feces dun individuo hóspede pasa ao interior do corpo a través da cavidade oral.
Xeralmente hai pasos intermedios, ás veces moitos, nesta vía de transmisión, entre os que os máis comúns son:
- auga para beber que estivo en contacto con feces e non foi tratada ou foi tratada inadecuadamente durante a súa depuración;
- alimentos que foron manipulados con pouca hixiene e sufriron contaminación por feces;
- tratamento de augas residuais pouco axeitado, xunto coa presenza de vectores como as moscas domésticas;
- mala hixiene das mans despois de ter estado en contacto con feces ou con obxectos que estiveron en contacto con feces;
- prácticas sexuais que implican un posible contacto con feces;
Algunhas das enfermidades que poden transmitirse por esta vía son:
- Xiardíase[1]
- Hepatite A[2]
- Hepatite E[3]
- Infección por Rotavirus
- Shigellose (disentería bacteriana)[4]
- Febres tifoides[5]
- Infeccións por Vibrio parahaemolyticus[6]
- Infeccións por Enterovirus, como a poliomielite
- Cólera
- Infeccións por Clostridium difficile
- Criptosporidiose
- Ascaridíase
En modelos experimentais de roedores demostrouse a transmisión de Helicobacter pylori por esta ruta.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Meyer EA (1996). Other Intestinal Protozoa and Trichomonas Vaginalis in: Baron's Medical Microbiology (Baron S et al., eds.) (4th ed.). Univ of Texas Medical Branch. (via NCBI Bookshelf) ISBN 0-9631172-1-1.
- ↑ Zuckerman AJ (1996). Hepatitis Viruses in: Baron's Medical Microbiology (Baron S et al., eds.) (4th ed.). Univ of Texas Medical Branch. (via NCBI Bookshelf) ISBN 0-9631172-1-1.
- ↑ Wang L, Zhuang H (2004). "Hepatitis E: an overview and recent advances in vaccine research". World J Gastroenterol 10 (15): 2157–62. PMID 15259057.
- ↑ Hale TL, Keusch GT (1996). Shigella in: Baron's Medical Microbiology (Baron S et al., eds.) (4th ed.). Univ of Texas Medical Branch. (via NCBI Bookshelf) ISBN 0-9631172-1-1.
- ↑ Giannella RA (1996). Salmonella:Epidemiology in: Baron's Medical Microbiology (Baron S et al., eds.) (4th ed.). Univ of Texas Medical Branch. (via NCBI Bookshelf) ISBN 0-9631172-1-1.
- ↑ Finkelstein RA (1996). Cholera, Vibrio cholerae O1 and O139, and Other Pathogenic Vibrios in: Baron's Medical Microbiology (Baron S et al., eds.) (4th ed.). Univ of Texas Medical Branch. (via NCBI Bookshelf) ISBN 0-9631172-1-1.
- ↑ Cellini, Luigina; Dainelli, Benedetto; Angelucci, Domenico; Grossi, Laurino; Bartolomeo, Soraya; Campli, Emanuela; Marzio, Leonardo (1999). "Evidence for an oral-faecal transmission of Helicobacter pylori infection in an experimental murine model". APMIS (en inglés) 107 (1-6): 477–484. doi:10.1111/j.1699-0463.1999.tb01583.x. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019.