Ruth Gordon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ruth Gordon Jones 30 de outubro de 1896 Quincy (Estados Unidos de América) |
Morte | 28 de agosto de 1985 (88 anos) Edgartown (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | ictus |
Educación | American Academy of Dramatic Arts (–1914) Quincy High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme, televisión e teatro |
Ocupación | guionista, actriz de televisión, escritora, actriz de cinema, dramaturga, actriz de teatro, actriz |
Período de actividade | 1915 - 1985 |
Familia | |
Cónxuxe | Garson Kanin (1942–1985) Gregory Kelly (1921–1927), morte do cónxuxe |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, American Women Writers (en) |
|
Ruth Gordon Jones, nada en Quincy, Massachusetts o 30 de outubro de 1896 e finada en Edgartown, Massachusetts o 28 de agosto de 1985, foi unha actriz e guionista estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Decidiuse polo mundo da interpretación no instituto, tras recibir unha carta da actriz Hazel Dawn, á que escribira pedíndolle un autógrafo. A pesar de que o seu pai consideraba difícil triunfar nesa profesión levouna a Nova York en 1914 onde a inscribiu na American Academy of Dramatic Arts.
O ano seguinte, ademais de aparecer como extra nalgúns filmes, debutou en Broadway interpretando un dos “nenos perdidos” en Peter Pan, or The Boy Who Wouldn't Grow Up, obtendo boas críticas.
A principios da década de 1930 foi contratada pola Metro-Goldwyn-Mayer, pero non apareceu en ningún filme da compañía ata Two-Faced Woman, de 1941. Mentres, xa aparecera en filmes doutros estudios.
En 1942 casou co escritor Garson Kanin, dezaseis anos menor ca ela, co que colaboraría en guións como os de Adam's Rib, de George Cukor, e The Actress, no que adaptarían a obra teatral autobiográfica de Gordon.
Tamén seguiu actuando no teatro e no cinema, e en 1968 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por Rosemary's Baby.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Actriz
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1940 | Dr. Ehrlich's Magic Bullet |
Abe Lincoln in Illinois | |
1941 | Two-Faced Woman |
1943 | Action in the North Atlantic |
Edge of Darkness | |
1965 | Inside Daisy Clover |
1966 | Os patos tamén se namoran |
1968 | Rosemary's Baby |
1969 | What Ever Happened to Aunt Alice? |
1970 | Where's Poppa? |
1971 | Harold and Maude |
1976 | The Big Bus |
1978 | Every Which Way but Loose |
1979 | Caza de rapiñeiros |
Boardwalk | |
1980 | Any Which Way You Can |
My Bodyguard | |
1982 | Jimmy the Kid |
1985 | Voyage of the Rock Aliens |
Mugsy's Girls | |
Maxie | |
1987 | The Trouble with Spies |
Guionista
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1947 | Dobre vida |
1949 | Adam's Rib |
1952 | Pat and Mike |
The Marrying Kind | |
1953 | The Actress |
1967 | Rosie! |
1980 | Hardhat and Legs |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ruth Gordon na IMDb (en inglés).