Ruth Prawer Jhabvala
Ruth Prawer Jhabvala, nada en Colonia o 7 de maio de 1927 e finada en Nova York o 3 de abril de 2013, foi unha escritora e guionista británica-alemá[1] e estadounidense. É talvez máis coñecida pola súa longa colaboración coa Merchant Ivory Productions, formada polo cineasta James Ivory e o produtor Ismail Merchant.
Moitas das súas novelas están ambientados na India, como Heat and Dust, premiada co Booker Prize en 1975. É a única persoa que gañou tanto este premio como un Óscar.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jhabvala naceu en Alemaña oriúnda dunha familia de xudeus polacos e emigrou a Inglaterra coa súa familia en 1939.
Tras coñecer o arquitecto Cyrus Jhabvala in England, casou con el e foi marchou para a India en 1951.[3] A parella viviu en Delhi e tivo tres fillas, Ava, Firoza e Renana.[4][5] Jhabvala comezou entón a elaborar as súas experiencias na India e escribiu novelas e contos sobre temas indios.
En 1963, Jhabvala recibiu a encarga de James Ivory e Ismail Merchant para que escribise o guión para o seu primeiro filme, The Householder, baseado na súa novela de 1960. Máis adiante, Merchant dixo que durante o seu primeiro encontro, Jhabvala, tratando de evitalos, finxiu ser a asistenta da casa cando a visitaron. O filme, estreado por Merchant Ivory Productions en 1963 e protagonizado por Shashi Kapoor e Leela Naidu, recibiu eloxios da crítica e marcou o comezo dunha colaboración que deu lugar a máis de vinte filmes.[4]
En 1975 Jhabvala mudouse a Nova York e dividiu o seu tempo entre a India e os Estados Unidos. En 1986 converteuse en cidadá estadounidense.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]- To Whom She Will: a Novel (1955).
- The Nature of Passion (1956).
- Esmond in India (1958)
- The Householder (1960)
- Get Ready for Battle (1962)
- Like Birds, Like Fishes (1963)
- A Backward Place (1965)
- A Stronger Climate (1968)
- An Experience of India (1971)
- A New Dominion (1972)
- Heat and Dust (1975)
- How I Became a Holy Mother and other stories (1976)
- In Search of Love and Beauty (1983)
- Out of India (1986)
- Three Continents (1987)
- Poet and Dancer (1993)
- Shards of Memory (1995)
- East Into Upper East: Plain Tales from New York and New Delhi (1998)
- My Nine Lives (2004)
- A Lovesong for India: Tales from East and West (2011)
Premios
[editar | editar a fonte]- 1975: Booker Prize – Heat and Dust[7]
- 1979: Neil Gunn Prize[8]
- 1983: BAFTA ao mellor guión adaptado por Heat and Dust
- 1984: MacArthur Fellowship[7]
- 1984: London Critics Circle Film Awards – guionista do ano por Heat and Dust[8]
- 1986: Óscar ao mellor guión adaptado por Unha habitación con vistas
- 1990: New York Film Critics Circle - mellor guión por Mr. and Mrs. Bridge[7]
- 1992: Óscar ao mellor guión adaptado por Howards End
- 2003: O. Henry Prize por "Refuge in London"[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ruth Prawer Jhabvala dies at 85; Oscar-winning screenwriter
- ↑ Childs, Martin (4 de abril de 2013). "Ruth Prawer Jhabvala: Author and screenwriter who won two Oscars and the Booker Prize". The Independent. Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ Journal of the Indian Institute of Architects vol. 29 and 30, ed. S. Kumar, 1963, p. 41
- ↑ 4,0 4,1 "She came, she saw, she wrote". The Hindu. 4 de abril de 2013. Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ Watts, Janet (3 de abril de 2013). "Ruth Prawer Jhabvala obituary". The Guardian. Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ Raw, Laurence (2012). Merchant-Ivory: Interviews. University of Mississippi. pp. xix–xxii. ISBN 978-1-61703-237-0.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Ruth Prawer Jhabvala". Merchant Ivory Productions. Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Ruth Prawer Jhabvala". British Council. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2012. Consultado o 6 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prawer Jhabvala, Ruth (26 de xuño de 2006). "Innocence". The New Yorker.
- Horne, Philip. "'It works diagonally': A Conversation with Ruth Prawer Jhabvala on The Golden Bowl and the Art of Adaptation". Merchant Ivory. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2014.
- Williams, Phillip. "Rewriting Literature: A Conversation With Ruth Prawer Jhabvala". MovieMaker. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2001. Consultado o 26 de novembro de 2020.
- "Desert Island Discs". BBC Radio 4. 24 de xaneiro de 1999.
- Freeman, Catherine. "Ruth Prawer Jhabvala CBE remembered". The Royal Society of Literature.