Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

STS-104

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-104
Lanzamento da misión STS-104
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento12 de xullo de 2001, 9:03 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión12,77 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso25 de xullo de 2001[6]
Sitio de regresoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida[6]
NSSDC ID2001-028A

STS-104 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 12 de xullo de 2001 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-104, con cinco astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Steven Lindsey, o piloto Charles Hobaugh e os especialistas de misión Michael Gernhardt, Janet Kavandi e James Reilly. O Atlantis acoplouse coa estación ás 3:08 GMT do 14 de xullo co obxectivo principal de instalar a esclusa Quest no módulo Unity do complexo orbital e aterrou no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 25 de xullo de 2001.[3][5][6][7]

Durante a misión o transbordador levou a cabo o experimento SIMPLEX (Shuttle Ionospheric Modification with Pulsed Local EXhaust), no que acendeu os seus propulsores por pulsos mentres desde terra se enviaban sinais de radar para entender como os gases de escape dan lugar a ecos de radiofrecuencia.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 104" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 23 October 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-88239(E)). 31 de outubro de 2001: 7. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 104" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-104 / ISS-7A" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-104" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 NASA (15 de febreiro de 2010). "STS-104" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2021. Consultado o 27 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]