STS-5
STS-5 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-5. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 11 de novembro de 1982, 12:19 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 5,09 días[6] |
Obxectivo da misión | Primeiro voo operativo do Columbia, posta en órbita de dous satélites e realización de varios experimentos.[3][6] |
Regreso | 16 de novembro de 1982[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1982-110A |
STS-5 foi a primeira misión operativa do transbordador espacial Columbia, lanzada o 11 de novembro de 1982 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-5, tripulada por Vance Brand, Robert Overmyer, Joseph P. Allen e William B. Lenoir, foi lanzada como primeira misión operativa do transbordador. Encargouse de poñer en órbita dous satélites artificiais, o SBS-C e o Telesat C. Foi tamén a primeira misión do transbordador con máis de dous astronautas a bordo. A tripulación, á parte de poñer en órbita os satélites, fixo varios experimentos, entre eles MLR, CFES e outros experimentos biomédicos e de materiais. A primeira actividade extravehicular planificada desde un transbordador tivo que cancelarse debido a un problema co traxe espacial.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 16 de novembro de 1982.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 5" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 24 January 1983 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (83-02357). 1 de febreiro de 1983: 4. Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 5" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-5" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-5" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-5" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-5 |