Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

STS-56

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-56
Lanzamento da misión STS-56.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de abril de 1993, 5:29 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión9,26 días[6]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera terrestre e observacións astronómicas.[3][6]
Regreso17 de abril de 1993[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1993-023A

STS-56 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 8 de abril de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-56, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións da atmosfera terrestre mediante o laboratorio ATLAS 2 e estudar o Sol mediante o observatorio Spartan-201, que foi liberado polo transbordador e logo recuperado. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth D. Cameron, o piloto Stephen S. Oswald e os especialistas de misión C. Michael Foale, Kenneth D. Cockrell e Ellen Ochoa.[3][5][6][7]

ATLAS 2 consistía nos mesmos instrumentos que voaron en ATLAS 1 nun voo anterior. Ademais o transbordador levaba a bordo dous experimentos educativos: SUVE, da Colorado Space Grant Corporation, un consorcio de universidades, e SAREX II. Tamén voaron nesta misión os experimentos STL-3 e PARE-03, así como HERCULES, RME-III, CREAM e AMOS. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 17 de abril de 1993.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 56" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 11 August 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-46671(E)). 25 de agosto de 1993: 5. Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 56/Atlas 2" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-56 - Atlas-2" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-56" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-56" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]