STS-57
STS-57 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-57. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 21 de xuño de 1993, 13:07 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 9,99 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos no módulo Spacehab 1, recuperación do satélite EURECA.[3][6] |
Regreso | 1 de xullo de 1993[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1993-037A |
STS-57 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 21 de xuño de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-57, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos a bordo do módulo presurizado Spacehab 1 e recuperar o satélite EURECA, posto en órbita pola misión STS-46. A tripulación estaba formada polo comandante Ronald J. Grabe, o piloto Brian Duffy, o comandante de carga G. David Low e os especialistas de misión Nancy J. Sherlock, Peter J. Wisoff e Janice E. Voss.[3][5][6][7]
O módulo Spacehab 1 levaba a bordo seis experimentos sobre ciencia de materiais e seis experimentos sobre biotecnoloxía. Outros experimentos foron feitos a bordo do transbordador, incluíndo un experimento de reciclaxe de auga para para estacións espaciais. O 24 de xuño a tripulación capturou o satélite científico recuperable EURECA para devolvelo a terra, pero debido a que as súas antenas non se recolleron ao enviárselle instrucións para iso, os astronautas Low e Wisoff tiveron que facer unha actividade extravehicular para pregalas manualmente e poder recoller o satélite.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 1 de xullo de 1993.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 57" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 20 December 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-20399(E)). 24 de xaneiro de 1994: 2. Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 57/SPACEHAB 1" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-57" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-57" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-57" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-57 |