Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

SWAT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Equipo de SWAT.

SWAT son as siglas de Special Weapons and Tactics (armas e tácticas especiais), que orixinalmente eran Special Weapons Attack Team (equipo de ataque e armas especiais). O termo fai referencia ás unidades especializadas en intervencións especiais de gran perigo de diversos corpos policiais de Estados Unidos. A creación dos equipos SWAT en 1965 está especialmente ligada ao Departamento de Policía dos Ánxeles e o inspector do momento Daryl F. Gates.

Funcións

[editar | editar a fonte]

As funcións dos equipos SWAT inclúen:

  • Rescates con reféns.
  • Operacións antidisturbios.
  • Creación de perímetro de seguridade contra francotiradores durante as visitas de dignatarios.
  • Proporcionar potencia de fogo superior e asalto en determinadas situacións. Por exemplo: grupos atrincheirados en barricadas.
  • O rescate dos funcionarios ou cidadáns en perigo por arma de fogo.
  • Operacións contra o terrorismo.
  • Resolver situacións de alto risco cunha mínima perda de vidas, lesións ou danos á propiedade.
  • A estabilización de situacións con suxeitos con alto risco de suicidio.
  • A prestación de asistencia durante ordes de detención e ordes de rexistro.
  • Proporcionar seguridade adicional en eventos especiais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]