Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Samacá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSamacá
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°29′31″N 73°29′12″O / 5.4919, -73.4867
EstadoColombia
DepartamentosBoyacá
ProvinciaProvincia do Centro Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación20.767 Editar o valor en Wikidata (129,79 hab./km²)
Xeografía
Superficie160 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.735 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorJuan de los Barrios y Toledo Editar o valor en Wikidata
Creación1556 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata

Páxina websamaca-boyaca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Samacá é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro, no departamento de Boyacá. Está situado a uns 30 km da cidade de Tunja. En canto á súa poboación, é o oitavo municipio máis poboado do departamento.

O concello limita polo norte con Sáchica e Sora, polo sur con Guachetá e Ventaquemada, polo leste con Tunja, Cucaita e polo oeste con Ráquira.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Samacá, en muysc cubun (lingua muisca) deriva dos vocábulos Sa, título de nobreza; Ma nome propio; Ca «fortaleza» e «mansión dun soberano».[1]

Paisaxe samaquense.
Vista do Val de Samacá, onde antigamente estaba a Lagoa de Cansicá.

Samacá, situado no terceiro ramal da Cordilleira Oriental dos Andes colombianos, estaba asentado, na época precolombiana, a beiras dunha gran lagoa coñecida como Lagoa de Cansicá, que chegaba até o actual municipio de Cucaita, en cuxas beiras se estabeleceron varias comunidades indíxenas ó parecer chamados Patagüy, Foacá, Sáchica etc. Aínda que a maior parte da Confederación Muisca estaba baixo dominio do Zaque de Hunza e do Zipa de Bacatá, na zona da lagoa conformáronse cacicados independentes que non lle rendía tribuno a ningún dos dous anteriores, presuntamente ao mando do cacique Sáchica. Ante o non pago de tributos, o Zaque de Hunza deulle a orde ó cacique Boyacá para que expulsase a tales grupos; Boyacá entón chamou ós seus lugartenentes e conformou unha avanzada que puxo ó mando de Samacá, Cucaita, Sora e Tibaquirá, os cales tamén eran guerreiros, quen procederon a expulsar a Sáchica, quen coa súa comunidade se repleou ao lugar onde na actualidade está o poboado.

Unha vez expulsados e como os mencionados guerreiros viñan da zona do que hoxe é Boyacá, procederon a repartir o novo territorio que antes ocupaba Sáchica polas ladeiras da lagoa, correspondéndolles precisamente as áreas onde hoxe están os municipios de Samacá, Cucaita e Sora; pola súa banda, o cacique Boyacá decidiu tomar a zona do que hoxe é Boyacá, e Tibaquirá quedou cunha zona alta situada no que hoxe é o concello de Samacá, en verea que se denomina precisamente como Tibaquirá. Esta confrontación tivo lugar aproximadamente quince anos antes da chegada dos españois, que pasaron por ese sector contra o ano de 1537 con destino a Bacatá, ó mando da expedición de Gonzalo Jiménez de Quesada, onde posteriormente o irmán de Jiménez de Quesada decidiu tomar ditas terras.

  1. Historia[Ligazón morta], Samacá (Boyacá), páxina oficial do concello, URL Consultado o 22 de xullo de 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]