Satsang
Satsanga, Satsangam ou Satsang (Sánskrito सत्सङ्ग sat = presenza, verdade; sanga = comunidade, grupo) significa, no contexto filosófico hinduísta:
(1) a presenza da verdade
(2) a compaña dun Guru
(3) a compaña de xente que se reúne para falar e asimilar a verdade.[1]
O satsang adoita constar dun diálogo, reflexión e meditación na fonte da que parten as propias verbas, para levar o seu significado á vida cotiá. A idea do satsangam foi difundida en principio por Rishis coma Vedavyasa e Valmiki que definen os seus beneficios de diferentes xeitos.
Durante un satsang cun mestre os estudantes probablemente presentarán preguntas. Os satsangs tamén poden conter discursos, meditacións ou lecturas. Primordialmente, o propósito dun satsang non é a transmisión dunha ensinanza entendida no pano intelectual, senón que debe ser a experiencia da presenza dun ser "esperto" ou "iluminado", por medio da cal se supón que os estudantes se achegan ao mesmo nivel de comprensión a través do efecto producido polo "intercambio enerxético"[2].
Aínda que provén da tradición hinduísta, hoxe en día o termo satsang aplícase en distintas tradicións, tanto orientais coma occidentais, como son o budismo mahayana, o zen, o neoadvaita etc...
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frisk, Liselotte. "The Satsang Network" Nova Religio: The Journal of Alternative and Emergent Religions, Volume 6, Issue 1, pages 64–85, ISSN 1092-6690 (print), 1541^8480 (electronic). © 2002. ...satsang, a traditional activity in the Indian spiritual context, meaning "being with good/righteous companions." Satsang is a sitting together with an enlightened person who usually gives a short speech and then answers questions.
- ↑ Eternity Now, Francis Lucille