Scott Skiles
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1964 (60 anos) La Porte, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | La Porte (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Estatal de Míchigan Plymouth High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1986 - 1997 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Milwaukee Bucks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Scott Allen Skiles, nado o 5 de marzo de 1964 en La Porte, Indiana, é un adestrador e ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou durante dez tempadas na National Basketball Association (NBA). Foi adestrador dos Phoenix Suns, Chicago Bulls, Milwaukee Bucks e Orlando Magic. Con 1,85 metros de estatura, xogaba na posición de base.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Instituto
[editar | editar a fonte]En 1982, Skiles levou ao Instituto Plymouth a gañar o campionato estatal de Indiana. Plymouth, sen ningún titular que medise máis de 1,88 metros e ningún reserva por encima de 1,99, estaba considerado como o instituto máis débil na Final Four do torneo estatal, a pesar de obter un balance de 26 vitorias e unha derrota na fase regular. Sorprendentemente gañaron o campionato 75-74 despois de 2 prórrogas sobre os favoritos Gary Roosevelt. Nese partido, Skiles anotou 39 puntos que foron decisivos para a vitoria final. Foi o instituto máis pequeno en gañar o título estatal dende que Milan o gañase en 1954, cuxa historia está inmortalizada na película Hoosiers. En 1982 Skiles liderou a competición estatal con 30,2 puntos por partido.[1]
Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante 4 tempadas cos Spartans da Universidade de Michigan State, onde promediou 18,2 puntos e 5,5 asistencias. No seu ano sénior foi nomeado MVP da Big East Conference. Deixou a universidade como o máximo anotador até entón (2.145 puntos), mantendo na actualidade o récord de máis puntos nunha tempada (850).
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido no posto 22 do Draft da NBA de 1986 por Milwaukee Bucks, onde só xogou unha tempada, sendo traspasado ao ano seguinte a Indiana Pacers. Dous anos máis tarde chegou a Orlando Magic, equipo que o elixiu no draft de expansión. Alí, o 30 de decembro de 1990, conseguiu dar trinta asistencias nun partido, récord da NBA até a data, anulando ao anterior, que o posuía Kevin Porter con 29.[2] Ese ano fixo 17,2 puntos e 8,4 asistencias por partido, dobrando practicamente as súas cifras do ano anterior, polo que foi elixido Xogador Máis Mellorado da NBA. Pasou posteriormente por Washington Bullets e Philadelphia 76ers, para acabar a súa carreira profesional en A1 Ethniki de Grecia, no PAOK Salónica BC. Nos seus dez anos como profesional na NBA fixo 11,1 puntos e 6,5 asistencias por partido.
Adestrador
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira na NBA como adestrador como asistente dos Phoenix Suns na tempada 1998-99, sendo elixido ao ano seguinte como adestrador principal. En tres anos levou aos Suns aos playoffs da NBA en dúas ocasións. En 2003 asinou como adestrador dos Chicago Bulls, cargo que ostentou até decembro de 2007, cando foi despedido debido aos malos resultados.[3]
O 21 de abril de 2008 fichou por Milwaukee Bucks. O 8 de xaneiro de 2013, Skiles e os Bucks acordaron a súa marcha, despois de 5 anos en Milwaukee.[4]
O 29 de maio de 2015, Skiles converteuse no 12º adestrador da franquía dos Orlando Magic.[5]
Equipos
[editar | editar a fonte]- PAOK (1996–1997)
- Phoenix Suns (1999–2002)
- Chicago Bulls (2003–2007)
- Milwaukee Bucks (2008–2013)
- Orlando Magic (2015–presente)
Logros persoais
[editar | editar a fonte]- Récord da NBA de máis asistencias nun partido (30).
- Xogador Máis Mellorado da NBA en 1991.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Plymouth, IN
- ↑ Scott Skiles: The Game I'll Never Forget
- ↑ Unha sorpresa de Noiteboa Scott Skiles xa non adestra máis aos Bulls, tras unha decisión tomada o 24-12[Ligazón morta]
- ↑ "Bucks and Skiles Mutually Agree to Part Ways". NBA.com. 8 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Magic hire Scott Skiles as coach". ESPN. 29 de maio de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatísticas de Scott Skiles como xogador Arquivado 09 de novembro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Estatísticas de Scott Skiles como adestrador Arquivado 26 de xuño de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados no condado de LaPorte, Indiana
- Nados en 1964
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Washington Bullets
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks
- Adestradores da NBA
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Adestradores dos Phoenix Suns
- Adestradores dos Chicago Bulls
- Adestradores dos Milwaukee Bucks
- Adestradores dos Orlando Magic