Sendeiro
Un sendeiro é un camiño estreito ou unha pequena estrada sen pavimentar, empregada para ir a pé.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Os animais crearon os primeiros camiños, que foron "posteriormente adaptados aos humanos".[2] Máis adiante, os agricultores trasladaban o gando ao mercado ao longo de vías pecuarias e coa transhumancia creáronse camiños.[3][4] Máis recentemente, as antigas vías industriais, como as vías ferroviarias e os camiños de sirga das canles, transformáronse en rutas recreativas.
Moitas rutas históricas, como a Ruta da Seda, a Ruta do Ámbar e a Estrada Real do Imperio Persa, existían antes da era cristiá e cubrían grandes distancias.
O Post Track, unha calzada prehistórica no val do río Brue nos Somerset Levels, Inglaterra, é un dos camiños construídos máis antigos coñecidos.[5]
A idea de seguir un camiño ou unha pista para facer exercicio ou pracer desenvolveuse en Europa durante o século XVIII e xurdiu por mor do cambio de actitude ante a paisaxe e a natureza asociada ao movemento romántico.[6] En tempos anteriores, camiñar xeralmente indicaba pobreza e estaba asociado coa vagabundaxe.[7] Nos séculos anteriores realizábanse longas camiñadas como parte das peregrinacións relixiosas e esta tradición continúa en todo o mundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sendeiro.
- ↑ "Roads and highways". Encyclopedia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2021.
- ↑ "Transhumance Trails and Rural Roads". rm.coe.int. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 6 de febreiro de 2021.
- ↑ K.J. Bonser, "The Drovers", Londres, 1970
- ↑ "Sweet Track". Severn Estuary Levers Research Committee. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2016.
- ↑ Abrams, MH, ed. (2000). The Norton Anthology of English Literature 2 (7th ed.). W. W. Norton & Company. pp. 9–10. ISBN 9780393963380.
- ↑ Solnit, Rebecca (2000). Wanderlust: A History of Walking. Nova York: Penguin Books. ISBN 0670882097.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sendeiro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Robert Moor (2016). On Trails: An Exploration. Simon & Schuster. ISBN 978-1476739212.