Serra da Cova da Serpe
Tipo | serra | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España e Provincia de Lugo, España | |||
| ||||
A serra da Cova da Serpe é unha serra galega situada entre as provincias de Lugo e A Coruña. Acada a súa maior altura no Monte da Cova da Serpe, con 841 m.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun pequeno cordal montañoso duns 25 quilómetros de lonxitude, que se estende en dirección N-S. Forma parte do conxunto de serras, denominadas polos xeógrafos, en conxunto, a dorsal atlántica ou dorsal galega, que atravesa Galiza desde a Estaca de Bares - serra da Faladoira - ata a serra do Faro de Avión, nos lindes entre Ourense e Pontevedra, seguindo unha liña de dirección meridiana, de arredor de 200 km. A serra da Cova da Serpe separa aproximadamente os concellos de Curtis e Sobrado, na provincia da Coruña, dos de Guitiriz e Friol na de Lugo.
A serra serve para a cría de gando vacún e cabalar libre. Pola zona hai grandes plantacións de piñeiros. No cumio da serra hai varias antenas de telecomunicacións e un parque eólico.
Nome do Parque Eólico | Concello | Muíños | Data | Empresa | Potencia kW |
---|---|---|---|---|---|
P. E. Cova da Serpe | Friol, Guitiriz | 12 | 2009 | Parque Eólico Cova da Serpe SL | 24.000 |
P. E. Amplición Cova da Serpe | Friol, Guitiriz | 12 | 2012 | Parque Eólico Cova da Serpe II SL | 25.200 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Torres Luna, Mª Pilar de; Pazo Labrador, Alberto J.; Santos Solla, José Manuel, Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago. 1990 - ISBN 84-7191-592-8
- Fernández de la Cigoña, Estanislao, As covas de Galicia. Guía práctica para visitar as arcas, grutas, furnas, palas, buratos, cavernas, bolas e covas galegas. Edic. Xerais. Vigo. 1995 - ISBN 84-7507-897-4
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1