Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Seta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Punta de seta do Neolítico
Tipos de setas indíxenas.

Unha seta ou frecha[1] é unha arma ou proxectil que consiste nunha barra fina rematada en punta, que ten unha peza feita xeralmente de plumas no outro extremo para manter a estabilidade e que se lanza mediante un arco ou unha bésta. Empregado dende a prehistoria, é común á maioría das culturas.

Unha seta consiste nunha hasta longa e fina, con sección circular, feita orixinalmente de madeira e agora tamén de aluminio, fibra de vidro ou de carbono. É afiada na punta ou armada cunha punta de frecha nunha extremidade, dispondo na outra dun engaste (nock) para fixación na corda do arco. Hai unha gran variedade dispoñíbel de tipos de puntas de seta, axeitándose ao uso que se dará á frecha: deportivo, caza ou militar. Achegado á extremidade posterior da seta colócanse superficies de estabilización que constitúen a plumaxe da frecha, a fin de axudaren na estabilización da traxectoria de voo. Xeralmente en número de tres, as plumas dispóñense ao redor da hasta formando un ángulo de 120º entre si. Nas frechas modernas as plumas fabrícanse en plástico e fíxanse cunha cola especial.

Os artesáns que fabrican setas son coñecidos como seteiros ou frecheiros, este último termo relacionado coa palabra francesa: flèche.

Acción da frecha

[editar | editar a fonte]

Conforme a seta voa en dirección ao albo ou obxectivo, a súa hasta vaise entortando e flexionando dun lado para o outro, lembrando un peixe abanando fóra da auga, e caracterizando un fenómeno coñecido como paradoxo do arqueiro.

O equipamento, especie de estoxo, usado para carrexar as setas usadas polos arqueiros desde a máis remota antigüidade é chamado alxaba.

Derivacións do termo frecha

[editar | editar a fonte]

O termo frecha emprégase tamén para o símbolo gráfico utilizado universalmente para apuntar ou indicar dirección, sendo na súa forma máis sintética unha liña cun triángulo fixado nunha punta, e en formas máis complexas a representación dunha frecha de verdade. Pode ser utilizado para indicar unha posición no mapa, un ítem na pantalla dun computador (no caso dun cursor), ou nunha lista, por exemplo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frecha.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]