Shenyang J-16
Shenyang J-16 | |
---|---|
Tipo | caza de ataque multirrol |
Fabricante | Shenyang Aircraft Corporation |
Introducido | 2015 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Forza Aérea do Exército Popular de Liberación |
Produción | 2012 - presente |
Unidades construídas | 150 (en 2020) |
O Shenyang J-16 (chinés: 歼-16) é un caza multirrol de ataque chinés bimotor[1][2] desenvolvido a partir do Shenyang J-11 (que á súa vez derivaba do Sukhoi Su-27) e fabricado por Shenyang Aircraft Corporation. Está operado pola Forza Aérea do Exército Popular de Liberación.[1]
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Nos anos 90 China mercou cazas de superioridade aérea Sukhoi Su-27 a Rusia, incluídos os producidos baixo licenza como Shenyang J-11A.[3] O J-11A foi desenvolvido posteriormente nas variantes monopraza J-11B e bipraza BS con tecnoloxía indíxena. O J-16 é un avión de ataque derivado do modelo J-11BS.[4]
O J-16 está equipado cun radar AESA[2] e está impulsado por dous motores turboventilador chineses Shenyang WS-10A.[5] O seu peso reducíuse grazas ao uso de materiais compostos. Os J-16 recibiron pintura absorbente de radar para reducir a súa sinatura radar, e mellorar a súa capacidade de Supresión de Defensas Aéreas Inimigas (SEAD) xunto con cápsulas con medidas de soporte electrónico.[6]
A versión de guerra electrónica do caza, chamada J-16D, desenvolveuse nos anos 2010. O avión supostamente realizou o seu primeiro voo en 2015.[7] O J-16D está deseñado para suprimir as defensas aéreas inimigas (SEAD), é capaz de albergar equipo interno de interferencias e transportar varias cápsulas externas de guerra electrónica.[8]
Segundo o investigador Justin Bronk do Royal United Services Institute, o J-16 ten vantaxes sobre as variantes rusas do Flanker pola súa ampla aplicación de materiais compostos, os seus mísiles de maior alcance, sensores avanzados e aviónica. O J-16 representa o paso da industria aeronáutica chinesa de depender de tenoloxía soviética a desenvolver derivados modernos que son superiores aos rusos en moitos aspectos.[9][10]
Os militares chineses están desenvolvendo capacidades autónomas avanzadas para os seus avións de combate. En marzo de 2021 informouse que unha variante do J-16 co asento traseiro substituído por un algoritmo de intelixencia artificial chamado "vitoria de inteixencia" (chinés: 智胜; pinyin: Zhì shèng) estaba sendo probado por Shenyang Aircraft Corporation. Un avión semellante foi visto nunha imaxe de satélite na base experimental preto de Malan, Xinjiang, en xuño de 2021.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "China’s new J-16 advanced fighter jet ‘targeting Taiwan’ may soon be combat ready". South China Morning Post. 2018-08-04. Archived from the original on 04 de agosto de 2018. Consultado o 2022-03-11.
- ↑ 2,0 2,1 Bronk 2020, p 38
- ↑ Bronk 2020, p 37
- ↑ "Shenyang (AVIC) J-16 (Red Eagle)". www.militaryfactory.com (en inglés). Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "ANALYSIS: Can China break the military aircraft engine bottleneck?". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-03-12.
- ↑ Roblin, Sebastien (2017-11-30). "China's New J-16D Aircraft Might Have a Terrifying New Military Capability". The National Interest (en inglés). Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "Possible J-16 EW variant makes its first flight". IHS Jane's 360. 2015-12-24. Archived from the original on 24 de decembro de 2015. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ Dubois, Gastón (2021-09-27). "J-16D, China’s SEAD aircraft seen as never before". Aviacionline.com (en castelán). Consultado o 2022-03-12.
- ↑ Roblin, Sebastien. "Why China’s Latest Jets Are Surpassing Russia’s Top Fighters". Forbes (en inglés). Consultado o 2022-03-12.
- ↑ "Military Watch Magazine". militarywatchmagazine.com. Consultado o 2022-03-12.
- ↑ Rogoway, Tyler. "Flanker Fighter Appears Among Unmanned Aircraft At China's Secretive Test Base". The Drive (en inglés). Consultado o 2022-03-12.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bronk, Justin (outubro de 2020). Russian and Chinese Combat Air Trends (Informe). Whitehall Report 3–20. Royal United Services Institute for Defence and Security Studies.